Cultura
O Conservatorio dedica a súa cuarta Semana das Artes ao compositor Marcial del Adalid
Entre os días 23 e 26 do presente mes, ofrecerá un extenso programa de actividades, como concertos, charlas e exposicións

Amalia Goldar xunto a Iván Novo, Javer Comesaña, Aroa Martínez e os alumnos Ainoa Matalobos e Luis Diz. |
O Conservatorio Municipal de Música da Estrada organiza do 23 ao 26 de marzo a cuarta edición da súa Semana das Artes Galegas, en colaboración co Concello. En esta ocasión, o festival interdisciplinar estará dedicado á figura do compositor Marcial del Adalid y Gurrea, coincidindo coa celebración do bicentenario do seu nacemento.
Por outra banda, e como adoita acontecer con esta iniciativa que busca xerar interconexións con outras formas de arte, a disciplina escollida para esta nova volta é a fotografía. Unha decisión que non é froito de casualidade, senón que coincide co feito de que a Real Academia Galega de Belas Artes dedique o Día das Artes Galegas deste ano ao fotógrafo José Suárez.
Como é habitual, desde o Conservatorio súmanse así á celebración da efeméride con numerosos actos de carácter gratuíto e abertos a todo o público que durante esta penúltima semana de marzo buscan dinamizar e poñer en relevo as diferentes formas artísticas, sempre co fío condutor da música.
Así pois, o programa é o seguinte. O día 23 ás 19.00 horas no Auditorio do CMUS terá lugar unha ponencia a cargo de Margarita Viso, pianista, compositora e editora, cunha destacada traxectoria na investigación e difusión da música galega, e máis en específico, na obra e vida do propio Marcial del Adalid. Durante a exposición, a experta falaralle ao público máis en detalle desta figura clave do Romanticismo español e pioneira do Rexurdimento musical galego.
O martes 24 de marzo, na mesma ubicación e tamén ás sete da tarde o exestudante do CMUS, Roi Alfonso, regresará á que sempre será a súa casa para ofrecer un concerto en colaboración coa actual xeración de alumnado do conservatorio e co músico Brais González. O programa a interpretar será Babioles (I. Jongleur de sons, VI. Gnome fantasie), de Marc Monnet; Sonatine, de Claude Pascal; Mysterious Morning III, de Fuminori Tanada; Concerto, de Pierre Max Dubois; Lutte, de Therry Escaich e Brilliance (III Mov.), de Ida Gotkovsky.
Xa o mércores 25, de novo ás 19.00 horas no Auditorio do CMUS, o alumnado de sexto curso de Grao Profesional do Conservatorio presenta o traballo «A música tradicional galega a través da fotografía», unha exposición na que explorará a herdanza musical dende unha ollada artística e documental, achegando ao público a tres manifestacións fundamentais da tradición musical galega con imaxes.
Para rematar, o xoves 26 celébrase o acto de peche desta cuarta edición cun concerto da Orquestra do Conservatorio Profesional, desta volta no Teatro Principal, ás 19.00 horas. Nel, a formación establecerá un diálogo entre a mirada humanista do artista de Allariz.
Simultaneamente a todas estas actividades, a fotógrafa Aroa Martínez manterá aberta a exposición «Fotografía para o cambio», que poderá visitarse durante os catro días no primeiro andar do Conservatorio. Baixo o lema ‘O que xa non é. A perda como posibilidade’, a mostra propón unha ollada intimista e introspectiva sobre aquilo que xa non está.
O evento foi presentado onte por membros da organización, como Javier Comesaña e Iván Novo, así como Aroa Martínez e os alumnos Ainoa Matalobos e Luis Jose Diz, que xunto á edil, Amalia Goldar, animaron á veciñanza a achegarse e desfrutar do programa.
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Clases a funcionarios de la Xunta para gestionar el estrés y aprender a usar la IA
- El ambicioso plan de la nueva ETEA coge impulso en Vigo, pero con mucha tarea por delante: los primeros hitos no se verán hasta un cuarto de siglo después del adiós de los militares