Premio Literario
Máis de 60 premiados no concurso Dinamiza Estrada

Xurado do concurso / Cedida
Fran Campos
Máis de 200 traballos resultaron finalistas e 60 foron os premiados polo xurado da XIII edición do concurso literario organizado por “Dinamizaestrada” entre o alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato de tódolos centros educativos do Concello
Representantes dos equipos de dinamización lingüistica, que conforman o xurado, destacan o alto grao de participación en tódalas categorías e o alto nivel dos traballos finalistas. Entre as normas do concurso, tiñan que utilizar 100 palabras para o relato curto e entre 2 e 8 versos para os poemas dependendo da categoría, que se estableceu por idades e van dende primaria ata bacharelato.
RELACIÓN DE PREMIADOS NO XIII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA. DINAMIZAESTRADA. Marzo 2026
RELACIÓN DE PREMIADOS NO XIII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA. DINAMIZAESTRADA. Marzo 2026Ademáis, os participantes, estaban obrigados a utilizar nas súas creacións as palabras “noite” e “azul”, relacionadas estas cos títulos das obras escritas por Begoña Caamaño, xornalista e autora viguesa a quen este ano se lle adica o Día das letras galegas. Os traballos serán publicados nun libro que se entregará ós premiados nunha gala a finais do vindeiro mes de maio como xa levan facendo nos últimos anos e que se convertiu nunha cita festiva e cultural.
Dende “Dinamizaestrada” destacan a importancia desta actividade que implica a tódolos centros educativos do Concello da Estrada durante todo o curso e consideran cumpridos os obxectivos de difusión e utilización literaria da lingua galega.
- La Xunta lanza un plan para atajar el fraude en las bajas laborales en Galicia, que en total son 70.000 al día y suponen unas pérdidas de 2.200 millones de euros
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo
- La gallega Mobify prepara su desembarco en Vigo: una flota de cien vehículos, modelo 'carsharing' y precios desde 0,29/km
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»
- La Xunta ampliará el alcance de la ayuda anual de 5.000 euros del Bono Coidado para dependientes a otras 10.000 familias
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- Un accidente múltiple en la AP-9 en Vigo deja seis heridos, uno de ellos grave
- Roberto Verino se abre a un socio industrial a través de la venta de casi el 40% del capital para asegurar el relevo generacional