Entrevista | Bruno López Otero Estudante da FP Básica de Madeira
«Irme parecíame unha boa oportunidade para aprender doutros xeitos de traballar»
Con tan só 16 anos, Bruno López Otero, estudante da FP Básica de Madeira no IES Antón Losada, fai as maletas para dar os seus primeiros pasos laborais cunhas prácticas en Xenebra

Bruno López Otero. / Bernabé/Javier Lalín
—Como xorde a posibilidade de realizar as prácticas en Xenebra?
—Nun principio o plan era ir co meu compañeiro de clase, Brais. Tiñamos varias opcións en países da Unión Europea, como Italia, pero no meu caso teño familia en Xenebra e iso facilitaba moito as cousas, sobre todo en canto a aloxamento e gastos básicos. A través do instituto e dos contactos familiares, fomos vendo a posibilidade e saíu adiante, aínda que finalmente vou só.
—Vostede é o único do grupo da FP Básica que se arrisca a dar os primeiros pasos a nivel laboral no estranxeiro. Cal foi a reación dos seus compañeiros?
—Inicialmente non ía ser eu só. Como dicía, íame acompañar Brais, o meu mellor amigo no ciclo. Desafortunadamente non puidemos atopar empresa para ambos. Cando atopamos oco para el, xa era tarde para a tramitación. Esta vez vou pola miña conta, pero xa temos acordado que para as do ciclo medio iremos xuntos.
—Tiña claro desde o principio que quería facer as prácticas no estranxeiro?
—Si, bastante claro. Paréceme unha oportunidade moi boa aos 16 anos vivir fóra e aprender doutro xeito. Ao final, non é só traballar, senón coñecer outra cultura, outras formas de facer as cousas e adquirir experiencia que logo conta moito no currículo.
—E non lle daba certo respecto marchar fóra?
—Se fose completamente só, seguramente si, pero ao ter familia alí dá moita tranquilidade. Ademais, xa fun algunha vez de visita, é un sitio que me gusta moito e iso tamén axuda.
—E que tal o francés, desenvólvese ben?
—Digamos que teño un manexo básico, suficiente para facerme entender, pero gústame e teño ganas de aprendelo.
—Cando comeza esta experiencia?
—Comezo o 23 de marzo e remato o 5 de xuño. En total, arredor de tres meses, aínda que oficialmente se falan de máis días polas condicións do programa, pero a efectos prácticos, esas son as datas.
—Son remuneradas as prácticas?
—Non directamente, pero existe unha bolsa da Xunta de Galicia que axuda cos gastos, polo que a nivel económico supón un apoio.
—Cónteme, que o levou a matricularse no ciclo de Madeira?
—Principalmente foi por influencia de miña familia. O meu avó era carpinteiro tanto en Xenebra como aquí. Dende pequeno vino facer cousas, e como meu pai lle axudaba: mobles, xoguetes, estruturas… Sempre me chamou a atención, pero non sabía ao cen por cen se era o camiño para min. Agora tampouco o sei, xa que me queda moito por aprender, pero o que levo visto gústame e disfrútoo. Agardo que as prácticas me axuden a telo aínda máis claro.
—Que lle diría a un rapaz ou rapaza da súa idade que esté dubidando se comezar o ciclo?
—Que non vexa a FP como unha opción menos efectiva. De feito, hoxe en día é case o contrario. Hai moita demanda de profesionais, non só da madeira nas súas múltiples ramas, senón de outros oficios como a fontanería ou a electricidade. Son traballos moi necesarios e con boas saídas laborais. É unha vía moi válida.
—Dentro do seu ámbito, hai algunha especialidade que lle interese máis?
—Aínda é pronto para decidir, porque non tiven experiencia práctica real, pero a tapicería chámame bastante a atención. Tamén me interesa o traballo que realiza a empresa na que vou facer as prácticas, que consiste en ir de casa en casa facendo diferentes proxectos. Neste módulo básico do ciclo temos unha primeira aproximación ao sector, pero agardo ter máis coñecemento concreto nas seguintes etapas.
—E de cara ao futuro, pensa continuar estudando?
—Si, a idea é facer o ciclo medio e logo valorar o superior. Iso xa dependerá de como me vexa, porque o superior ten máis parte técnica e de programación. A min de momento gústame moito o traballo manual.
—Para rematar, que é o que máis lle gusta da carpintería?
—As posibilidades que ofrece a nivel creativo e artesanal. Podes crear algo axustado cen por cen ao que ti che gusta ou tes en mente. Sexa un cabeceiro dunha cama, unha mesa, tapizar un moble... calquera cousa. Esa sería para min a parte que máis valoro.
Suscríbete para seguir leyendo
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes