Mercado artesanal
Merza, escaparate novo dos oficios
Unha vez ao mes e ata xullo incluido, o espazo cultural eferroGhalpón, en Merza, acollerá un mercadiño con dez expositores que traballan baixo a marca Artesanía de Galicia

Varios dos artesáns da feira de Merza. / Bernabé/Javier Lalín

O pasado decembro a zoqueira Elena Ferro inaugurou o eferroGhalpón, un espazo cultural que onte acolleu a primeira das cinco feiras mensuais que dende o corazón xeográfico de Galicia darán a coñecer, en cada sesión, os produtos de dez artesáns diferentes. A iniciativa, bautizada Artesanía de Galicia en Merza, nace da Fundación Artesanía de Galicia e da colaboración da zoqueira máis coñecida do país.

Asistentes ao obradoiro de tipografía. / Bernabé/Javier Lalín
Este primeira feira foi visitada polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, así como por ducias de veciños do municipio e doutros puntos da comarca dezá, acostumados a ver de primeira man os produtos artesáns grazas a citas similares como Corazón da Artesanía e a Mostra de Artesanía, que se celebran nos meses de xullo e agosto nos Pendellos de Agolada.
Onte, a decena de expositores lucían sobre todo xoias e bisutería (saídos de artesans como Ferraxe de Prata, María Aba e Montse Betanzos), pero tamén os instrumentos musicais do obradoiro de Artesanía JMR, os productos de forxa do ferreiro José Ramón Eiroa ou os xoguetes e a cestería da marca viguesa Miudiño. Para os que buscaban marroquinería, Merza ofreceulles onte exposición de produtos de Mimacuri, e tampouco faltou a esta primeira cita a madeira traballada para productos de cociña que elabora a firma de Sada Néboa na ría.
Mentres algúns asistentes facían compras, os nenos e nenas. e tamén varios adultos, tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de creación de nomes con tipografía de imprenta e estampaxe en papel, a cargo de Sandra Betanzos. Esta artesá ten en marcha o obrador Amor ó teu en Ames. A próxima cita será xa en abril.
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- Cárcel por insultar a su ex: «Hai que ter peito para acostarse contigo»
- El Celta dispondrá tras la reforma del estadio de unos 15.000 metros cuadrados para explotar otros usos y multiplicar sus ingresos
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo