Teatro
Bandullo Azul estrea a súa nova obra en Pontevedra
«Miro e a música das cousas» é o sétimo espectáculo da compañía formada por Fran Campos e Fran Ameixeiras

Fran Campos, nunha actuación.
A compañía de teatro, clown e narración oral Bandullo Azul, da Estrada, estrea o seu novo espectáculo, Miro e a música das cousas, no XXVII Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Será o próximo luns con dous pases, un primeiro ás 11.00 horas. para público escolar e logo ás 18.00. para público xeral. É a terceira vez que a compañía participa nesta cita literaria que este ano está enfocada nos libros e a música de Palestina.
Fran Campos é o encargado de levar a escena esta estrea que conta co asesoramento de Fran Ameixeiras e a construción de marionetas e escenografía por Borja Ínsua de Títeres Alakrán. É un espectáculo na liña das últimas producións da compañía na que partindo da narración oral mestúranse o manexo de marionetas e a música en directo.
Miro e a música das cousas é un espectáculo para público infantil e familiar no que, a través da historia dun neno cunha especial sensibilidade polos sons, descubrimos que todo o que nos rodea pode converterse en música. Unha proposta que mestura narración oral, teatro, marionetas e música en directo, convidando o público a escoitar, xogar e crear colectivamente ao ritmo do corazón.
Bandullo Azul propón unha experiencia escénica centrada na escoita, na creación musical e na participación do público. A través da historia de Miro, un neno cunha especial sensibilidade polos sons da natureza e pola música, convida a descubrir como os elementos da contorna poden transformarse en ritmo e melodía.
A compañía, nacida en 2012, está formada por Fran Ameixeiras e Fran Campos . Esta é a súa sétima produción logo dunha serie de espectáculos nos que traballaron con Evaristo Calvo, Avelino González ou con 42ºN do estradense Xoque Carbajal. Ademais, levaron a escena o álbum ilustrado de Xosé Lueiro O ladrón de paraugas con gran éxito de público. Participou en varios festivais de títeres e teatro e forman parte tamén das distintas redes culturais de Galicia realizando máis de 60 funcións anuais.
- La Xunta lanza un plan para atajar el fraude en las bajas laborales en Galicia, que en total son 70.000 al día y suponen unas pérdidas de 2.200 millones de euros
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo
- La gallega Mobify prepara su desembarco en Vigo: una flota de cien vehículos, modelo 'carsharing' y precios desde 0,29/km
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»
- La Xunta ampliará el alcance de la ayuda anual de 5.000 euros del Bono Coidado para dependientes a otras 10.000 familias
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- Un accidente múltiple en la AP-9 en Vigo deja seis heridos, uno de ellos grave
- Roberto Verino se abre a un socio industrial a través de la venta de casi el 40% del capital para asegurar el relevo generacional