Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

In memoriam

Salgueiros perde a un mozo comprometido, cofundador de Vai Nela

Andrés Lareu, durante un concerto de Vai Nela.

Andrés Lareu, durante un concerto de Vai Nela. / Cedida

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Vila de Cruces

«Deunos 29 anos de felicidade». Son as palabras coas que Andrés Lareu López resume o carácter do seu fillo Andrés, Andresiño, como era coñecido na súa parroquia de Salgueiros e no municipio de Vila de Cruces, para distinguilo do seu pai. Este mozo foi soterrado antonte, tras dous meses de loita por un accidente de tráfico na AP-9 en Abegondo, o pasado 16 de xaneiro e tras unha granizada.

Os seus pais e a súa irmá, así como o grupo Vai Nela, queren agradecerlles a todos os veciños o apoio nestes dous meses e a multitudinaria asistencia ao funeral, así como mostras de pésame en redes sociais da Fundación Paco Lareo (da que é secretario Andrés pai), como do Concello. Andrés pai di que o seu fillo lles deu 29 anos de felicidade. A sua vida tiña que ter sido bastante máis longa, e quizais sirva de consolo pensar que o seu legado si vai durar máis: foi un dos cofundadores do grupo de música tradicional Vai Nela, despois de ter realizado estudos na escola de música da Artística de Merza e de estar na banda xuvenil desta formación. «Non sabían tocar, e cando por fin deron acertado cunha nota, un veciño que pasaba por onde ensaiaban dixo Ai, seguide que vai nela, lembra o seu pai. Foi así como o grupo acertou co nome.

E como facía xa o Andrés pai, o Andrés fillo sempre botou unha man para manter o Entroido de Salgueiros e os seus tradicionais Xenerais do Ulla. De feito, quero contarlles que a parroquia, este ano, non festexou o seu Entroido por respeto á situación que estaba atravesando a familia. O compromiso deste mozo coa terra que o viu nacer era tal que viña case a diario á casa. Un compromiso idéntico ao que mantiña co seu traballo nunha empresa de enerxías renovables na Coruña, e «á que lle adicaba todas as horas diarias posibles», sinalan desde a familia. As fatalidades da vida fan que a misa deste domingo ( ás 10.00 horas), que ía ser pola súa avoa materna, tamén o lembren a el.

Tracking Pixel Contents