Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Manuel Magariños Maceira Concelleiro e responsable da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

«Ten moito mérito que A Estrada poida manter un recinto así»

O concelleiro de Novas Tecnoloxías e Conectividade converteuse o pasado mes de decembro no novo responsable do recinto feiral estradense, unha labor que analizamos con el na estrea da tempada

Manuel Magariños Maceira, onte, ante o recinto feiral estradense.

Manuel Magariños Maceira, onte, ante o recinto feiral estradense. / L.D.

A Estrada

-Como acaba vostede metido neste lío?

-Acabo por unha petición directa do alcalde. Para min foi unha honra que me propuxese ser o responsable do recinto por delegación del. Se el mo pide, non lle podía dicir que non.

-O seu traballo é sen embargo diferente ao dun xerente, esa figura que durante moitos anos se encargou desta Fundación?

-É certo. Eu son unha figura totalmente distinta. Podemos dicir que eu veño a facer o traballo do presidente do comité executivo. Ata o mes de decembro desa labor se encagabaGonzalo como alcalde e agora eu tomo o seu relevo. Digamos que eu istou para a toma de decisións do momento, do día a día. Cousas que hai que facer e decidir. Eu teño máis dispoñibilidade que a que ten o alcalde para atendelas e estar máis aquí.

-Como ve a situación na que se atopa a Fundación de Exposicións e Congresos?

-Véxoa moi ben. Primeiro porque aquí hai dúas persoas que son Mercedes e José Manuel que teñen moita capacidade para levar esto pero, o máis importante, é que teñen gañas de seguir e de facer cousas. Neste ano o principal é seguir facendo as catro feiras que viñamos facendo ata o de agora. Para o ano que ven veremos se podemos incorporar algunha feira máis. É sen embargo moi complicado. O gran problema deste negocio, por chamalo dalgunha maneira, é a participación e cada vez é máis complicado conseguir expositores. Unha feira sen visitantes non ten sentido pero sen expositores, menos. Iso é o que máis costa. Por iso, o primeiro paso debe ser consolidar e manter as feiras que xa temos para que os expositores queiran repetir.

-A principal referencia para vostedes, aínda que xa non é o que era, segue sendo a Feira do Moble?

-Por tamaño e por envergadura é a máis importante. Pero, por exemplo, esta feira que imos facer este fin de semana, a do comercio, tamén move moito público. A do Moble son máis días e ao final empolica máis visitas, pero esta, con dous días e medio, atrae a moita xente. Tamén me sorprendeu a feira de antigüidades que fixemos en decembro porque tivo moito tirón. Esa ten un público máis específico pero xa é un referente a nivel autonómico. Logo queda a dos vehículos de ocasión de abril. Esa é unha feira para un público determinado, para aqueles que queren ver e mercar un coche. É un público que ven ao que ven.

-Historicamente houbo outros intentos de feiras que non foron arriba. Ten vostede algunha feira que lle gustaría facer?

-Temos proxectos pero de momento aínda son iso. Comentouse e falouse pero agora estamos centrados en manter o que temos. No vindeiro ano xa veremos se podemos sacar adiante algunha desas novas ideas. A min gustaríame moito facer unha feira de camperización neste recinto. Falo de caravanas, auto caravanas, campers e empresas que fan camperizacións. O ano pasado sen embargo tentaron traer algo diso para la feira do vehículo e soamente conseguiron que viñesen dúas furgonetas.

-Hai competencia entre os diferentes recintos de Galicia?

-Nós por exemplo organizamos unha feira de coches pero hai concesionarios que tamén fan as súas propias feiras, no seu concesionario ou alquilando sitios. Cando falamos con outros xerentes de recintos dinnos que o seu gran nicho de mercado está precisamente no aluguer do local. Para nós sen embargo é difícil que unha empresa queira alugar este recinto tendo outros en Vigo, A Coruña ou Lugo. Por iso creo que o que estamos facendo ten moito mérito. Ten mérito que unha poboación como A Estrada poida manter un recinto así. A nivel de instalación é o que é. Foron poucas as melloras que se fixeron desde a súa apertura e a creación de anexo. Mantemento e pouco máis. O tema de alquiler no noso caso é moi reducido. En decembro houbo unha empresa que o alugou para facer unha festa de fin de ano e outra para gravar un vídeo. O bo que temos é que os nosos precios son máis reducidos e non deixamos de ser un lugar céntrico.

-Ve un futuro para esta Fundación?

-O alcalde sempre me di que son moi positivo e neste caso tamén o son. Eu véxolle futuro á Fundación. Terá o futuro que a xente queira que teñamos. A Fundación é un medio para que comercios e empresas da zona o utilicen. Desde o momento que eles deixen de usalo, o seu futuro será limitado. Mentres queiran seguir, nos temos forzas e recursos para seguir adiante. Todo está nas súas mans.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents