Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os Cherokees aprenden a regueifar

Carmen García Rodríguez realiza os seus estudos en Kansas, onde convive cunha familia metade Cherokee, metade Choctaw e participa nun intercambio destas culturas e da regueifa, dentro dun proxecto do Clube da Lingua, vinculado ao instituto Marco do Camballón.

Carmen, á dereita, posa cunha das fillas da súa familia de acollida. | CEDIDA

Carmen, á dereita, posa cunha das fillas da súa familia de acollida. | CEDIDA / Cedida

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Vila de Cruces

Viaxar axúdanos a desprendernos de ideas preconcebidas sobre outras cidades e culturas, pero vivir un tempo noutro país supón un exercicio enorme á hora de mellorar a empatía e coñecer a situación real das súas xentes. E sobra dicir que a mellor forma de inmersión lingüística é residir meses ou anos no país do que queremos aprender o idioma: é máis valen máis só tres semanas de estancia que case dous cursos nunha escola de idiomas.

Carmen García Rodríguez pode confirmarnos isto que acabo de contarlles. Ten 15 anos, o pasado curso fixo terceiro de Secundaria, e neste completa a súa formación en Kansas, nos Estados Unidos. Reside cunha familia de nativos indíxenas na que a nai do clan, Kari Nolam, pertence á nación Cherokee e o seu marido, Chris, é Choctaw. A parella reside en Mulvane e tén un fillo, Chance, e tres fillas: Kalyn, Karstyn e Kamryn.

A estudante galega, con membros da súa familia de acollida, ataviados coa vestimenta tradicional.

A estudante galega, con membros da súa familia de acollida, ataviados coa vestimenta tradicional. / Cedida

Este ano de convivencia permítelles á familia de acolllida e á estudante galega compartir dúas culturas que estiveron a piques de desaparecer pero que se manteñen vivas no tempo grazas ao apoio institucional pero, sobre todo, grazas á transmisión oral e ao compromisoda sociedade. Carmen ensínalles conceptos como a regueifa e o aturuxo, que están vivindo unha época dourada polo seu ensino dende hai varios cursos no instituto do Camballón e pola difusión en toda a comunidade galega (e noutros puntos de España) grazas a certamen e intercambios con outros centros educativos. De feito, a moza galega colabora co instituto do Camballón neste intercambio cultural.

Clases de pandeireta

Por iso, dende Vila de Cruces Carmen e a súa familia de acollida recibiron semanas atrás un vídeo explicativo sobre a improvisación oral en verso ou sobre cómo tocar a pandeireta. A propia Carmen encárgase de darlles clases prácticas a súa familia americana. E a cambio, uns días atrás chegou a Vila de Cruces un vídeo no que esta moza entrevista á súa «nai adoptiva», Kari, quen relata que a nación Cherokee foi quen de resistir as numerosas colonizacións e pode seguir fortalecendo «a autodeterminación a través de programas gobernamentais, preservaciín cultural e servizos comunitarios». Indica que o seu pobo logrou avances en ámbitos como a educación, a vivenda ou a saúde, segundo traduce Carmen no citado vídeo.

A moza galega compara a situación o idioma nativo de cherokees e choctaws co galego, que estivo a piques de perderse e que aínda se atopa nunha situación de desigualdade moi grande respecto ao castelán, sobre todo pola perda de falantes e a continuidade de prexuzos. No caso do idioma da nación Cherokee, tamén está en perigo pola perda de falantes, pero téntase difundila entre a xente máis nova botando man «das ferramentas tecnolóxicas, da participación comunitaria e da financiación».

O tambor, só para homes

A música, en calquera cultura, é un signo de identidade e tamén de comunidade. No caso galego, como diciamos, estase a recuperar a regueifa e aumentaron moito as asociacións e grupos de música tradicional que ensinan a tocar instrumentos como a pandeireta.

Kari menciona que a música dos powwows dos nativos americanos caracterízasse por tambores rítmicos e cantos intensos, pero «é diferente da tradicional, pois ésta ten máis letras escritas, como himnos» ou cancións de berce. Engade que á hora de tocar un tambor, sempre o fan os homes ou os avós das familias, mentres as mulleres só poden bailar eses ritmos tradicionais. Tampouco hai tanta diferenza coa tradición da pandeireta en Galicia e nas terras do Deza: sempre se falou das pandereteiras (así, en feminino) de Zobra, por exemplo.

Haberá que agardar ao regreso de Carmen para pensar, por exemplo, nunha visita destas familia de Kansas ás terras de Vila de Cruces.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents