IN MEMORIAM
Adeus a «Caladiño»: do bombo dos Gaiteiros de Soutelo ao Changüí
José María Gulías Picón deixa tras de si unha longa traxectoria musical que forma parte da memoria sonora da Terra de Montes

José Gulías Picón «Caladiño», ante a estatua aos gaiteiros de Soutelo. / Cedida
Rubén Troitiño | Músicas da Terra de Montes
Soutelo de Montes despídese de José María Gulías Picón, coñecido como Caladiño, un destacado músico que deixou unha pegada imborrable no Concello de Forcarei, especialmente en Soutelo de Montes. Faleceu o martes 3 de marzo.
Nado o 20 de xullo de 1930 en Soutelo de Montes, medrou nunha familia con tradición musical e desde moi novo desenvolveu a súa paixón pola música. Converteuse nun consumado intérprete de instrumentos de percusión, aínda que tamén chegou a tocar algo o acordeón.
Comezou como zapateiro, oficio no que se caracterizou polo seu carácter tranquilo e calado, feito que deu orixe ao alcume de Caladiño, nome que o acompañou durante toda a súa traxectoria. Máis tarde traballou como guarda xurado de caza e pesca e como carteiro rural, compaxinando sempre estas actividades coa súa verdadeira vocación: a música.
Aprendeu a tocar o bombo da man dos Gaiteiros de Soutelo. Caladiño tamén formaría un dúo con José Fírvida Cachafeiro, máis coñecido como Maduro, dúo denominado Orquesta Changüí, integrado por acordeón e batería. Caladiño tocaba a batería e Maduro o acordeón. O nome da formación aparece gravado no bombo do instrumento. Tras algúns anos, Maduro emigrou a Venezuela, o que marcou un cambio na súa carreira musical.
No salón de baile Changüí, onde se celebraban as actuacións, contratáronse outros acordeonistas para os bailes, o que lle permitiu colaborar con outros músicos como Randeiro ou Millara do Carballiño. Tamén tivo a oportunidade de tocar xunto ao acordeonista forcaricense Jaime Salvador Barreiro Ouro, do que se conserva documentación gráfica.
Na actualidade residía en Arteixo, aínda que mantivo sempre unha forte vinculación coa súa terra natal.
Caladiño deixa tras de si unha longa traxectoria musical que forma parte da memoria sonora da Terra de Montes.
Adeus, Caladiño. O teu compás seguirá presente na historia musical da nosa terra.
Suscríbete para seguir leyendo
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Costas plantea eliminar aparcamientos y paseos para salvar Praia América
- La salud o la nota: cuando el esfuerzo por un 13 «asfixia» en Bachillerato
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Muere José Antonio Suárez-Llanos, referente del sector pesquero gallego, a los 71 años
- Una carambola maldita