Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Carlos Chamosa, Lewis Músico

«Con Alfa aprendín moito, agora síntome preparado para dar o paso en solitario»

O artista estradense Lewis estréase en concerto como solista este venres no pub D’Tres ás 00.45, onde amosará ao público a súa música máis persoal

Lewis, nunha imaxe promocional.

Lewis, nunha imaxe promocional.

A Estrada

—Para comezar, gustaríanos situar esta nova etapa. Estamos ante un regreso ou ante o verdadeiro inicio da súa carreira en solitario?

A miña carreira en solitario empezou hai un ano. Antes estiven en Alfa y Lewis durante cinco anos e foi en 2025 cando arrinquei xa pola miña conta. É certo que, ao rematar o proxecto, subín algún cover doutros artistas, pero non eran temas propios, así que non considero que aquilo fose realmente iniciar a miña etapa en solitario.

—Neste último ano publicou xa un número importante de temas propios.

Si. Empecei en marzo de 2025, así que agora cúmprese xusto un ano. Neste tempo saquei trece cancións propias. Están dispoñibles en todas as plataformas: YouTube, Spotify, TikTok, Apple Music… en todas.

—Acostumado a traballar en dúo, como foi para vostede afrontar esta nova etapa en solitario?

A verdade é que bastante ben. Grazas a Alfa y Lewis aprendín moitísimo, sobre todo de meu primo. Foron cinco anos de rodaxe e aprendizaxe. Cando sentín que estaba preparado, decidín dar o paso e ir pola miña conta. Agora fago practicamente todo eu: teño un home studio, gravo, mesturo e produzo as miñas cancións. O único que non levo eu é a parte visual dos videoclips. Chegar a este punto foi posible gracias ao que fun adquirindo previamente.

—Imaxino que iso daralle máis liberdade creativa.

Exactamente. Cando hai dúas persoas involucradas, ambas teñen que adaptarse, buscar un punto intermedio e poñer da súa parte. Agora fago todo ao meu gusto, á miña maneira. Neste sentido estou moi contento, moi feliz de como me está chegando a miña propia música.

—No plano estilístico, percíbense diferenzas entre o Lewis de antes e o de agora?

O estilo segue sendo practicamente o mesmo. Sigo facendo reggaetón, trap… Pode que cambien algunhas letras ou matices, pero musicalmente é a mesma liña. Quizais a diferenza está en que agora non teño que discutir unha frase ou unha idea con ninguén: se algo me gusta, queda así.

—E nas letras, nota unha evolución persoal?

Dende logo. Empecei na música hai seis anos e durante este tempo fóronme pasando moitas cousas na vida. Eu intento escribir sempre sobre as miñas experiencias persoais, sobre situacións que me importan, me preocupan... Todo iso vai quedando reflectido nas letras. Ao final, a música acompáñame nese crecemento.

—Este venres actúa na Estrada e será a súa primeira vez actuanod no seu pobo natal. Como se sinte?

Así é. É o meu segundo concerto en solitario, xa que o primeiro foi hai uns meses na Coruña, pero o primeiro na Estrada. Estou máis nervioso que no anterior, xa que vou actuar diante da miña familia e da miña xente, e quero que sexa algo moi especial, non só para min, senón tamén para quen veña escoitarme. Hai nervios, claro, pero sobre todo moitas ganas de que chegue o día e de que todo o mundo desfrute. Para min, o máis importante é ser eu mesmo.

—É esta a primeira de moitas actuacións ou aínda non hai datas definidas?

Si teño varias actuacións máis pechadas no futuro próximo, pero de momento prefiro non concretar nada máis, irase anunciando segundo se vaia aproximando o momento.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents