Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Certames educativos

O Laxeiro participa na final da Olimpiada Galega de Filosofía

O 12 deste mes a Facultade de Filosofía da USC acolle a final da XIII Olimpiada Galega de Filosofía. O tema desta edición é «A tolemia. Don Quixote no mundo actual». O alumnado de terceiro e cuarto da ESO, así como de Bacharelato, poden abordar esta cuestión baixo a modalidade de fotografía, curta de vídeo, disertación, dilema moral, monólogo ou ensaio. Catro alumnos do IES Laxeiro acoden ao certame coa curta «A destempo». Se gañan na súa categoría pasarán á final estatal, que será en Ciudad Real entre o 17 e o 19 de abril. Por outra banda, nin o instituto Laxeiro nin o Pintor Colmeiro superaron a fase para a ESO do Parlamento Xove desta fin de semana no Carballiño.

Tracking Pixel Contents