Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arte

O edificio sociocultural acollerá unha permanente de Fondevila

A exposición está composta por un total de once obras de gran formato que foron doadas ao Concello polo artista silledense

Fondevila participa na mostra ‘Converxencias’, no Pazo de Liñares. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Fondevila participa na mostra ‘Converxencias’, no Pazo de Liñares. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Alfonso Loño

Alfonso Loño

Lalín

O vindeiro día 12 ás 20.00 horas, estrérase no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero a colección permanente José Antonio Fondevila. Serie Marañas. Unha mostra que se suma ás oito do programa Lalín con Arte deste ano, ademais das permanentes do Pazo de Liñares (Museo do Xoguete-Colección A. Chaves, Sala Loriga e Museo da Marioneta) e do Museo (Ramón María Aller e Laxeiro).

Esta exposición permanente de obras que vén de doar Fondevila ao Concello de Lalín está composta por un conxunto de once pezas de gran tamaño que destacan pola súa forza plástica, pola intensidade cromática e pola exploración de formas orgánicas e xeométricas que dialogan co espazo arquitectónico. Tal e como explica o seu autor, «as obras están inspiradas na percepción frecuente de estar inmersos e ata atrapados en redes circunstanciais de difícil solución, pero que temos que afrontar e afrontamos como algo inherente á vida. Aprender a convivir co que nos agrada e tamén co que nos manca», manifesta.

Fondevila sinala que «liñas e formas cruzadas e anobeladas intentan representar o mundo oculto de cada un, camuflado nun envoltorio de resignación e esperanza». E ademais engade que «a imaxe colorista representa a normalidade que intentamos proxectar, pero dentro contén o sentir máis íntimo e profundo da situación real, e a carga emocional que cada persoa experimenta» Das once obras, tres son de 120 por 120 centímetros, sete de 100 por 100 centímetros e un de 73 x 60.

A relación de traballos é a seguinte: A casa do Paspallás (100 x 100 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex); Ovillo de colores (100 x 100 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex); Revuelto de esencias diluídas ( 100 x 100 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex); Campo de ideas sin desbrozar (100 x 100. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex); Serpentinas (100 x 100 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex); Fuga de secretos (100 x 100 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex); Ideas na randeeira dos conflictos( 100 x 100 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex); Elocuencia del vino tinto (73 x 63 cm. Esmalte sintético de óleo, táblex9; Entre el impulso y la razón (120 x 120 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex); Nobelo de ideas grises (120 x 120 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex) e Ovillo de ideas recurrentes (120 x 120 cm. Deseño e impresión dixital terminada en óleo, lenzo sobre táblex).

A concelleira Begoña Blanco Blanco lembra que ata o día 20 pódese visitar a exposición colectiva Converxencias, comisariada polo propio José Antonio Fondevila, no Pazo de Liñares.

Tracking Pixel Contents