Festa de Entroido
Santiso xunta hoxe 50 carrilanas na súa baixada
Os vehículos estarán guiados por 80 persoas entre as categorías de madeira, infantil e libre

Membros da organización posan nunha carrilana co logotipo da escudería de fondo.

A parroquia lalinense de Santiso celebra este sábado, 28 de febreiro, a súa 3ª Baixada de Carrilanas, unha cita integrada no programa do Entroido e que obriga a competir disfrazados. A Fume de Carozo, escudería organizadora, conta con medio cento de vehículos inscritos con 80 participantes, repartidos en tres categorías: madeira-adultos (14 carrilanas e 26 persoas), infantil (11 e 21) e libre (25 e 33).
A modalidade de madeira, a máis enxebre e orixinal do evento, esixe bólidos construídos nun 70% con este material, con liberdade de introducir outros para a dirección e as rodas. Na categoría libre, tamén para adultos, admítese calquera vehículo de inercia, sexa ou non de madeira: karts sen motor, drift trike, skeleton ou GX, en formato individual ou colectivo.
Na infantil compiten menores de idade, con inscritos desde 4 ata 14 anos. Poden baixar en carrilanas de madeira ou noutro vehículo admitido pola Federación de Deportes de Inercia. Aquí non se busca a velocidade, senón a participación, polo que haberá premios para todos, desde a carrilana que leve máis madeira ata a máis preguiceira, currada, sorprendente, colorida, orixinal, kamikaze, reciclada, aerodinámica ou divertida.
O programa arrincará pola mañá coa recepción e verificación das carrilanas desde as 9.00 horas; ás 10.30 será a quenda infantil; e haberá recoñecemento do circuíto cronometrado para clasificación a partir das 11.00, coa primeira proba infantil ás 13.00. A baixada principal comezará ás 16.00 horas, polo que se pide estar no lugar, como moi tarde, ás 15.30. A proba contará cun sistema de cronometraxe alugado á organización do Rali do Cocido, que tamén enviará tres técnicos para o seu manexo.
A xornada completarase cunha gran comida popular elaborada por O Marenteiro, con bebidas, empanada, tortilla, polbo, churrasco, sobremesas, cafés e chupitos: 35 euros por adulto, 17 euros para nenos de 5 a 10 anos (medio menú) e gratis ata os 5. Haberá sesión vermú con DJ David Expósito e actuación do Grupo Eureka, ademais de carpa con calefacción, sorteos de produtos dos patrocinadores (incluído un remolque de leña) e concurso de disfraces sobre as 20.30 horas, con premios. Haberá servizo de cafetería e chocolate con churros ata o fin de festa, pero está «terminantemente prohibido» facer botellón.
A organización agradece a colaboración de empresas da zona e do polígono, así como de boa parte do comercio local. Como contrapartida, cabe reseñar que a maioría dos premios serán vales para mercar nos establecementos. Tamén destacan o apoio do Concello de Lalín.
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- Lola Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, herida grave y en la UCI por el accidente de la AP-9 del sábado
- Chayanne, segunda confirmación de los conciertos de Castrelos en Vigo
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Unas 150 variedades de camelias atraen a multitud de personas a Porta do Sol
- El pequeño pueblo a dos horas de Vigo que debes visitar este invierno: rutas por la naturaleza, paisajes increíbles y una de las mejores carnes gallegas