Entroido
Santiso baixa a toda imaxinación
Marcos Otero e Andrea García gañan na categoría de madeira por terceiro ano consecutivo e Emilio Cochón vence na modalidade libre
A creatividade e o bo humor foron os ingredientes principais deste particular epílogo entroideiro, con 55 vehículos e 89 persoas para guialos

As Carrilanas de Santiso, un novo desborde de imaxinación e velocidade / Bernabé / Javier Lalín

En Santiso, o Entroido non baixa: deslízase. A parroquia lalinense despediu febreiro co roncar mudo da inercia e o chiscar das plumas, das máscaras e das caretas da súa 3ª Baixada de Carrilanas. A proba organizada por A Fume de Carozo requería disfraz para poder competir aos oitenta pilotos que se deron cita a bordo de medio cento de bólidos –ou maneiras de soñar costa abaixo–, repartidos entre madeira, infantil e libre.
Coa imaxinación como volante, na categoría de madeira manda o enxebre: carrilanas feitas a base de táboas nun 70%. Na modalidade libre cabe todo o que teña rodas e valentía: karts sen motor, drift trike, skeleton… unha feira de inventos que desafían a gravidade. E na infantil, con participantes de entre 4 e 14 anos, a présa non é a meta, pois hai tantos premios como creacións, desde a máis preguiceira ata a máis kamikaze, a máis reciclada ou a máis divertida.
Os premios déronse a coñecer xa entrada a noite. Na categoría de madeira repetiron triunfo, por terceiro ano consecutivo, Marcos Otero Vázquez e Andrea García Díaz, por diante das duplas formada por Rubén Gordedo Ferreiroa e Antonio Buján Ferreiroa e Luis García Camino e David Taboada Villar. Na modalidade libre, impúxose Emilio Cochón Alonso, por diante da parella Iván Romay Prieto e Azahara Serrano Carbajal e da tripleta constituida por David Jorge Lima, Óscar Pérez Mota e Abel González González. Finalmente, foron 55 vehículos inscritos con 89 participantes.
A creatividade e o bo humor foron os ingredientes principais deste particular epílogo entroideiro que encheu a parroquia de xente desde as verificacións matinais ata entrada a madrugada. Entre medias, comida popular -con 241 persoas á mesa-, vermú con DJ, música, sorteos e concurso de disfraces.
Suscríbete para seguir leyendo
- Endometriosis, la enfermedad del silencio: ¿qué es y a quién afecta?
- Agencias de viaje temen cancelaciones en verano debido al conflicto en Irán
- Interceptado un conductor de patinete eléctrico en Vigo bajo los efectos de cuatro drogas diferentes
- El IEO documenta dos nuevos ejemplares de peces globo potencialmente tóxicos en aguas de Cangas y Pontevedra que evidencian la «tropicalización» de Galicia
- El gerente del Área Sanitaria de Vigo: «Los médicos sin MIR están de apoyo administrativo y no pueden ver pacientes»
- Galicia se prepara para un fuerte incremento de la inflación por encima del 3% este mes por culpa de la guerra en Oriente Próximo
- Stellantis planea dar entrada a inversiones de fabricantes chinos para reorganizar su capacidad industrial en Europa
- La viguesa Marta Pardo, primera mujer en el TOP 10 mundial de Global Gurus, destaca en liderazgo y gestión