Entrevista | José Ramón Vilela Giráldez Panadeiro e reposteiro
«En Galicia temos bo produto pero ás veces non sabemos vendelo como noutros sitios»
A afamada Panadaría O Gaiteiro de Lalín vai mudar de responsable. José Ramón Vilela Giráldez deixa o posto en favor da súa filla Adriana, residente na Estrada

José Ramón Vilela, na súa panadaría «O Gaiteiro» de Lalín. / Bernabé / Javier Lalín
—Despois de toda unha vida entre fariña e fornos na Panadaría O Gaiteiro, que sente ao apagar simbolicamente o forno por última vez como titular?
Non estaba planificado o que pasa é que tiña dúas fillas e cando lles comuniquei que ía xubilarme decían que era unha pena. Eu díxenlle a unha delas, Adriana, que é a que ten máis fácil incorporarse a isto, que eu lle botaba un cable no sentido de que os clientes están aí. O difícil cando se empeza é ter clientes e que se o quería pois seguir ela con ela, eu encantado. Ela está na Estrada, o que pasa que está tamén cunha actividade en hostalería e ademais era tamén clienta miña ao mesmo tempo porque ten unha cafetería enfocada ao brunch. Ten actividade de mañá e aparte compartimos incluso os provedores. Todo é máis fácil nese sentido.
—Que é o que máis vai botar de menos do trato diario cos veciños na tenda da rúa Pintor Colmeiro?
Cos de Lalín non tanto porque non tiña venda ao público, senón que as nosas vendas son básicamente a tendas gourmet de toda Galicia e incluso de fóra e despois en feiras do sector. Entón, o trato non é tanto cos clientes locais como os das tendas e demais. O problema disto é que nas algunhas feiras sectoriais cando fun dicindo que ía deixalo fun programándome para que non quedaran stocks a final de ano. Falei con algúns clientes que me dicían que non podía deixalo. Claro, eu contestáballes que tanto como non poder... porque será unha decisión miña. Nese sentido estou contento porque era unha forma de darlles un servizo e ao mesmo tempo esas tendas tiñan os seus clientes que teñen que estar contentos.
—Que é o que lle gosta máis do seu traballo no obrador?
Dúas cousas. O que me gosta é a parte creativa desta profesión, que vou seguir facendo porque ao final estás aí apoiando a túa filla e se hai un produto que poida crear e propoñer para que o saque ao mercado moito mellor. E despois, tamén me gosta o trato directo cos clientes nas feiras. Unha visita as tendas acompañando a filla seguireino facendo. Con isto quero dicir que vai ser un xeito de seguir aí botando unha man aínda que xa non sexa o máximo responsable. O trato cos clientes vai ser o que máis botarei de menos a partir de agora.
—Cederlle o testigo a unha das súas fillas é asegurar a continuidade do apelido. Cal é o consello fundamental que lle deu para manter a esencia da casa?
Das dúa fillas que teño esta é a que herdou a inquedanza de emprendedora. Nese sentido non teño que darlle moitos consellos porque é algo que ela xa o ten. Ademais, comercialmente tamén é moi boa e o trato co cliente élle fácil. É algo que se ten ou non se ten. Quero dicir que non é algo que se aprende, hai que telo de nacemento. Pódelo entrenar pero se non o tes non podes. Como digo, nese sentido non lle teño que dar moitos consellos pero un pouco estar no produto e nesas cousas e de como se comporta un produto pero na parte comercial faino moi ben.
—Nun sector tan sacrificado como o da panadería, como se sente ao ver que a tradición familiar non se perde e que se adapta aos novos tempos?
Eu aí un pouco si que son un pouco pesimista cos novos tempos, a verdade. Por exemplo, un dos problemas que temos é a matería prima e cada vez hai menos produtores. Os tempos van hacia que a xente non cociña pero esperemos que aprecien o produto artesán o produto de proximidade. Esperemos que efectivamente se continúe valorando. E en Galicia a sorte é que temos moi bo produto pero ás veces non sabemos vendelo como fan noutos sitios con menor calidade.
—Seguiránse facendo as afamadas galletas ou os porquiños do cocido?
Agora mesmo, as dúas cousas nas que se vai centrar a miña filla van ser máis ben a granola, que un produto estrela noso, e despois as marmeladas. Son os produtos que mellor saída están tendo entre a nosa clientela. No caso dos porquiños, como é un produto máis de tempada, no verán non podes andar con chocolate e ademáis é un produto máis local. De momento, como o Cocido xa pasou e todo esto, pois está un pouco aparcado e veremos para máis adiante. O máix urxente agora é seguir cos outros produtos porque son os que teñen más representación e máis se venden nas tendas. No caso dos porquiños, hai tendas que si os consumían pero son máis minoritarios.
—Supoño que agora terá máis tempo para adicarse á música e á fotografía, as outras pasións.
-Sobre todo á música. De momento, aínda non son moi consciente de que estou a piques de xubilarme. Entre que estou un pouco axundando á filla a retormar o tema e todo o que supón organizar todo para que para ela se sinta máis cómoda, pois non tiven tempo para plantexarme o da música. Dende logo, teño claro que cando todo isto pase penso adicarlle máis tempo á música porque a tiña un pouco abandonada. Antes de tocar a gaita, eu tocaba o bombo na banda porque non tiñamos ninguén máis que o puidese facer. Eu era quen lle marcaba o ritmo a un grupo como Os Trasnos de Doade, e máis tarde incorporeime á antiga escola de gaitas que dirixía a Deputación de depois acabei formando parte dun colectivo como a Asociación Cultural Carballo da Manteiga.
Suscríbete para seguir leyendo
- La «plaga» de pulpo persiste en el sur de Inglaterra: más de 400 toneladas en solo dos meses, un 450% más que el año pasado
- El Concello de Vigo intensifica la intervención para ampliar la playa de Samil: la duna de Argazada creció más de un metro en cuatro años
- Jóvenes que escapan del alquiler en Vigo y se hacen propietarios: «Todo son precios desorbitados sin sentido»
- El astillero francés Piriou se adelanta a Freire por el pedido de dos oceanográficos para Indonesia
- La «despensa de la aldea» se encoge en Galicia: la huerta ya solo ahorra la cesta de la compra en uno de cada cuatro hogares
- Herida grave una mujer tras ser atropellada en el centro de Vigo
- Vigo exhibe dinamismo urbanístico al cobijo del nuevo PXOM: se han tramitado más de 3.300 proyectos desde su aprobación
- Salgueiros perde a un mozo comprometido, cofundador de Vai Nela