Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entroido en Terra de Montes

A Voda de Soutelo xunta a 250 comensais durante o seu pincho

Os protagonistas do enlace, con invitados.  |

Os protagonistas do enlace, con invitados. |

Forcarei

Soutelo de Montes volveu vestirse de Entroido o pasado sábado cunha celebración que, malia as dificultades organizativas, conseguiu manter o seu espírito festivo e participativo. A Asociación Cultural O Can de San Roque fai un balance positivo da tradicional Voda Entroideira, que este ano tivo que readaptar o seu formato ante a imposibilidade de contar con espazos axeitados para celebrar a habitual cea baile.

Segundo explican desde o colectivo, no comedor do CEIP de Soutelo de Montes non era viable desenvolver o evento cun horario amplo, mentres que o multiusos da localidade non estaba dispoñible, tal e como lles comunicou o Concello. Lonxe de renunciar á festa, a organización apostou por implicar á hostalería local e ofrecer unha degustación repartida polos establecementos participantes.

O resultado foi máis que satisfactorio: contabilizáronse 250 tickets para as tapas servidas en Pan de Soutelo Kalis, O Lagar, Cafetería Don Carlos, Pan de Soutelo 1898 e Taberna Os Carteiros. Ao longo da tarde-noite, máis de 200 persoas sumáronse á celebración, enchendo de ambiente as rúas da vila.

Desde a asociación sinalan que os gastos se cubriron coa venda de tickets, rifas e fondos propios, especialmente ante a redución dun 50% na subvención municipal para a animación musical. Agradecen a implicación veciñal e da hostalería e avanzan que xa traballan no tradicional Serán de primavera.

Tracking Pixel Contents