Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas

Lalín busca poetas para un recital aberto a celebrar o 23 de maio

Redacción

Lalín

O Concello de Lalín, a través da Biblioteca Municipal Varela Jácome, vén de abrir unha convocatoria para reunir voces novas e habituais da escrita nun recital aberto que se celebrará o 23 de maio, no marco das Letras Galegas 2026.

Baixo o lema ‘Buscamos poetas!’, a proposta está dirixida a todas aquelas persoas ás que lles guste escribir e queiran compartir os seus textos nun encontro pensado para poñer en valor a creación literaria e a palabra falada, nun ambiente participativo e aberto ao público. As persoas interesadas en formar parte do recital poden anotarse ata o 18 de abril, ben de maneira presencial na biblioteca ou enviando un correo a biblioteca@lalin.gal.

Tracking Pixel Contents