tribuna libre
Unha total falta de respecto aos veciños
Conchi montoto areán
Son veciña da rúa Rosalía de Castro de Lalín, e nai de duas rapazas, unha menor de idade, e quero manifestar o malestar polos excesos de ruidos das actuacións que se veñen celebrando no Campo da Feira Vello de xeito habitual. A miña non é unha queixa porque se fagan celebracións, é queixa pola falta total de control en canto a ruidos e molestias á veciñanza (que debería ter unha rúa ó seu nome por todo o que levan aturando sen queixarse).
Os decibelios que acadan ditas actuacións superan en moito o permitido legalmente pola normativa por non falar dos horarios totalmente fóra de lugar, tendo en conta o espazo no que se desenvolven (rodeados de vivendas), sin que ninguén controle os niveis sonoros. É unha falta total de respecto ós veciños.
Somos moitos os que estamos cansos e xa non aguantamos máis, teremos que acudir á vía xudicial si non se teñen en conta as queixas (eu particularmente xa enviei máis de unha ao Concello). Aínda que non debería ser necesario xa que falamos do centro dun pobo pequeno, non é un segredo a molestia e o excesivo ruido, xa que se escoita en boa parte do pobo. É mirar para outro lado ignorando o problema.
Para rematar gustaríame recalcar especialmente a falta de tacto da corporación municipal lalinense o martes das festas patronais, cando ao día seguinte hai escola, e se permite que actúen orquestas de moita envergadura a uns decibelios que noutros lugares están totalmente prohibidos, tendo en conta que viven menores ao arredor e non se lles está permitindo o descanso mínimo saudable.
Non son poucas as familias do barrio (as que poden) que optan por marchar en canto se sabe que hai algunha actuación musical programada neste espazo público, xa que é moi complicado descansar ou conciliar o sono. Terá que ser algunha autoridade superior a que vele polo seu descanso e benestar, xa que para o noso Concello é unha preocupación que brilla pola sua ausencia.
Noutras vilas estes problemas son causados normalmente por particulares que non respectan horarios nin límites sonoros nos seus negocios, incumplindo normativas municipais, pero en Lalín é o propio Concello o que provoca as maiores queixas por este motivo.
- Un colegio de Vigo, entre los 100 mejores de España según la revista Forbes
- «La generación Z consume menos alcohol porque encontró una droga nueva: la tecnología»
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Borja Iglesias responde al seguidor del Deportivo que le pidió la camiseta que el Celta lució en el homenaje a Madonna
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Panxón estrena el mayor camping de autocaravanas de Galicia con visitas de siete países