«Hai moita desinformación, malia que é algo que todas as mulleres pasamos»

A entrevistada, Mariana Millán. |
En que consisten estas sesións formativas?
Trátase dunha intervención educativa organizada no centro de saúde da Estrada dirixida a mulleres de entre 30 e 60 anos que queiran coñecer máis sobre o climaterio e a menopausia, sen necesidade de estar xa atravesando estes procesos, porque o que buscamos é precisamente actuar antes e ofrecer información para prepararse. Organizamos dúas sesións por grupo, unha en mércores e outra en venres, en horario de mañá e cunha duración dunhas dúas horas. Temos un máximo de 25 persoas por intervención para favorecer a participación e o diálogo.
Como está sendo a acollida á iniciativa?
A resposta está sendo moi positiva, ata o punto de que os primeiros grupos xa completaron o aforo e levamos máis de medio cento de mulleres inscritas. Para promocionalo temos flyers e tamén o comentamos nas consultas.
Como nace esta proposta?
É un tema que nos xeraba moito interese como profesionais, porque percibimos na consulta que segue habendo bastante desinformación sobre o climaterio, mesmo entre as propias mulleres. Coincidindo coa posta en marcha do novo plan local de saúde, quixemos darlle unha volta ás intervencións educativas e reforzar o contacto coa poboación non só desde a consulta, senón tamén con actividades grupais. Ademais, apostamos por un enfoque multidisciplinar no que participan tres enfermeiras de familia, unha residente, dúas matronas, unha hixienista dental, unha fisioterapeuta e unha nutricionista, o que nos permite abordar o climaterio desde diferentes perspectivas e non centrarnos só nun aspecto concreto.
Existe realmente desinformación arredor da menopausa?
Si, totalmente. É un proceso polo que van pasar todas as mulleres, pero do que se fala pouco. Moitas veces empréganse referentes en base ás experiencias persoais das mulleres do noso entorno, como nais ou avoas, que non teñen por que repetirse do mesmo xeito en nós O climaterio non é algo lineal nin estático; non é cumprir unha idade e deixar de menstruar dun día para outro, senón un proceso que se estende no tempo e que inclúe distintas fases. Por iso é importante entender que non todo se reduce á desaparición da regra e que cada muller pode vivilo de maneira diferente.
Que cambios pode experimentar o corpo durante esta etapa?
A nivel hormonal, o máis coñecido é a diminución dos estróxenos, que pode provocar síntomas como dificultades para conciliar o sono, suores nocturnos, ansiedade ou irritabilidade. Ademais, adoita coincidir con outros cambios vitais, como a marcha dos fillos da casa, o coidado de familiares ou transformacións no ámbito laboral, que poden incrementar o cansazo e a tensión emocional. Se a isto lle engadimos o abandono de hábitos saudables, como o exercicio físico ou unha alimentación equilibrada, xérase un círculo que pode agravar os síntomas.
Pódese facer algo para prepararse mellor de cara a entrada nesa nova fase?
Si, e esa é unha das mensaxes clave das sesións. Recoméndase evitar hábitos tóxicos como o tabaco e o consumo excesivo de alcohol. Este último está especialmente normalizado actualmente na nosa sociedade, e aínda que normalmente os efectos negativos os asociamos maioritariamente ao cancro, resulta nocivo en moitos outros aspectos. Tamén é importante manter unha alimentación saudable con achegas adecuadas de calcio e vitamina D e practicar exercicio físico regular. Son recomendacións básicas que xa se dan noutras etapas da vida, pero que cobran especial importancia de cara ao climaterio, porque poden contribuír a que esta fase se viva nas mellores condicións posibles.
Hai mitos que queiran desmontar?
Hai moitos. Desde a idea de que todas as mulleres van vivir a menopausa do mesmo xeito ata crenzas relacionadas coa sexualidade ou coa inutilidade de iniciar cambios de hábitos a certa idade. É moi habitual que ao falar de menopausia se pense na redución da apetencia sexual, por exemplo. Tamén na dificultade de gañar fortalecemento muscular se non se fixo antes. Todos eles, entre outros, serán tratados en profundidade durante as sesións. .
Como pode inscribirse a xente interesada e queda aínda prazas dispoñibles?
As mulleres interesadas poden informarse directamente no Centro de Saúde da Estrada, onde temos carteis nas entradas e folletos nas consultas, e poden falar con calquera das enfermeiras que participamos na iniciativa para recibir explicacións e cubrir o consentimento informado. Abrimos catro grupos para facilitar a asistencia, xa que hai persoas con distintos horarios laborais. Os primeiros xa están completos, pero o resto continuan abertos.
n
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere el periodista vigués Fernando Franco, el gran cronista de la sociedad olívica: «Se nos va una leyenda»
- La «plaga» de pulpo persiste en el sur de Inglaterra: más de 400 toneladas en solo dos meses, un 450% más que el año pasado
- Stellantis da un nuevo paso en su freno al eléctrico: lanza un motor a combustión turbo para el Peugeot 2008 vigués
- La viguesa Marta Pardo, primera mujer en el TOP 10 mundial de Global Gurus, destaca en liderazgo y gestión
- La «despensa de la aldea» se encoge en Galicia: la huerta ya solo ahorra la cesta de la compra en uno de cada cuatro hogares
- El Concello de Vigo intensifica la intervención para ampliar la playa de Samil: la duna de Argazada creció más de un metro en cuatro años
- Jóvenes que escapan del alquiler en Vigo y se hacen propietarios: «Todo son precios desorbitados sin sentido»
- La Sareb, como acreedora de la deuda, se queda con los chalés de A Regueira