Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

El Corta e Galkan actúan este sábado no Bar A Pedra

O Bar A Pedra de Silleda acolle este sábado, 21 de febreiro, dende as 21:30 horas, unha noite de música ao vivo con dúas propostas que combinan tradición galega e ritmos do mundo. Abrirá Galkan, que presenta temas do seu primeiro EP e adiantos do próximo álbum, cun son que conecta a muiñeira con cadencias como a rumba. A continuación actuará El Corta, proxecto do coruñés Rubén Cortiñas, cun directo que mestura música caribeña, cumbia e bachata co folclore galego. A cita contará con billeteira inversa (cada persoa paga o que queira) e haberá pinchos para os asistentes.

Tracking Pixel Contents