Homenaxe
As escolas infantís serán protagonistas no Día de Rosalía
O Concello da Estrada presenta o luns o seu tradicional videoclip nunha gala no teatro

Imaxe do videoclip que se presentará o luns. | TRES INSUAS
Dende hai 9 anos o Concello da Estrada conmemora o 23 de febreiro como Día de Rosalía cun acto público para celebrar o aniversario do nacemento desta escritora, referente universal da cultura galega. Neste 2026 serán os alumnos de catro escolas infantís estradenses os que protagonicen este vídeo, apostando por incorporar a este segmento poboacional tan novo no legado e tributo que se lle rende á autora de Cantares Gallegos.
Os actos do Día de Rosalía na Estrada desenvolveranse este ano o propio 23 de febreiro. Deste xeito, o Teatro Principal acollerá o vindeiro luns, ás 20.00 horas, un evento aberto ao que están convidados os 10 centros educativos de Primaria e Secundaria existentes no municipio estradense e as catro escolas infantís, protagonistas este ano do traballo audiovisual que conmemorará esta data: a Escola Infantil Municipal, o centro da rede A Galiña Azul, Elfos e a escola Undoustres.
A actividade consistirá no recitado de dous poemas de Rosalía por cada colexio e instituto, pasando logo á proxección do vídeo elaborado por Tres Insuas. Despois desta estrea, como é costume, o traballo estará subido á canle de YouTube e ás redes sociais do Concello da Estrada, ademais de seren aloxado na páxina web municipal.
Lucas Terceiro, da produtora Tres Insuas, leva xa case unha década asinando o vídeo co que A Estrada conmemora o Día de Rosalía. Recoñeceu que este ano as escolas infantís realizaron un grande traballo para tentar que os seus pequenos alumnos repitan versos de Rosalía para a peza deste 2026. Grazas a este esforzo e colaboración, os máis pequenos da Estrada incorporaranse á homenaxe anual a esta escritora, despois de que traballos previos implicasen a alumnos de Educación Primaria e Secundaria, deportistas locais, formacións musicais, agrupacións culturais ou ata ao sector sanitario local nos tempos da pandemia.
Non querendo desvelar moitos detalles do audiovisual para que sexa unha sorpresa para a veciñanza, a peza deste 2026 implicou a medio cento de pequenos de dous e tres anos, que se adentran cun verso no mundo de Rosalía de Castro.
- Varios heridos y destrozos en el Twenty de Vigo en una pelea entre ultras del Celta y el Lyon
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Unos padres de Ponteareas ceden la representación legal de su hija con discapacidad a sus hermanos por falta de «competencias digitales»
- Locales de hostelería de Vigo ya exigen consumición mínima a los clientes para poder sentarse y limitan el número de carritos de bebé
- Las huelgas y el cambio de pacientes de Povisa lastran las listas de espera del Chuvi
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Inhabilitado y condenado al pago de 913.000 euros un empresario de Vigo por llevar una fabricante de maquinaria a la quiebra