Artes Plásticas
Grisalla: punto de encontro de artistas con linguaxes diversas
Inaugúrase o 28 e nela participan Cajete, Dalia Ponte, Lorem, Lorente, Priegue, Violeta Arisha e mailo silledense José Antonio Fondevila
A exposición colectiva denominada Converxencias, na que toman parte os artistas do grupo Grisalla e comisariada por José Antonio Fondevila, inaugurarase o sábado 28 de febreiro a partir das 18.30 horas no Pazo de Liñares. Esta mostra enmarcada no programa municipal Lalín con Arte poderase visitar ata o 20 de marzo.
Os artistas participantes en Converxencias son: Cajete (Jacinto), Dalia Ponte, Lorem (Ángel Lorenzo), Lorente (Francisco), Priegue (Remedios), Violeta Arisha ademais do silledense José Antonio Fondevila.
Cajete (Jacinto): a súa pintura nace dunha fonda conexión coa paisaxe e a arquitectura galega. Nos seus cadros hai silencio, equilibrio e unha calma que invita a mirar sen présa.
Dalia Ponte: traballa a abstracción desde a forza da cor e da materia, creando composicións cheas de movemento. A súa pintura é vital, luminosa e profundamente expresiva.
Lorem (Ángel Lorenzo): artista perfeccionista que busca o equilibrio entre emoción e razón a través da cor. A súa pintura, de linguaxe abstracta, combina xeometrías, expresividade e harmonía.
Lorente (Francisco): a través da figuración intensa e directa, constrúe escenas de forte contido expresivo. As súas obras falan da condición humana con trazos libres e cores rotundas.
Priegue (Remedios): na acuarela atopa o medio perfecto para expresar a beleza serena da paisaxe galega. Os seus cadros transmiten harmonía, frescura e un profundo sentimento de paz.
Violeta Arisha: pintora libre e inquieta, experimenta con técnicas e con texturas sen poñerse límites. A súa obra móvese entre a abstracción e o postimpresionismo, sempre cunha forte carga expresiva.
Fondevila: pintor e escultor de mirada interior, explora a relación entre a luz e a sombra. A súa obra transmite reflexión, sensibilidade e unha intensa carga emocional.
Converxencias preséntase así como unha oportunidade para achegarse á diversidade creativa do grupo Grisalla e gozar dunha mostra que celebra o diálogo, a experimentación e a forza da arte contemporánea.
A programación de Lalín con Arte terá continuidade o vindeiro 3 de abril, neste caso no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa. A protagonista da exposición será Tareixa Taboada. A súa proposta, Zeit, poderá ser visitada ata o 15 de xuño. Do 19 de xuño e ata o 17 de agosto será a quenda de Ramiro Cimadevila. Baixo o título Os camiños, esta exposición permanecerá no edificio municipal ata deixar paso, desde o 21 de agosto, á colectiva da Algarabía.
O grupo Grisalla nace como punto de encontro entre artistas con traxectorias, técnicas e linguaxes moi diversas, unidos pola necesidade de compartir, dialogar e crear desde o respecto á singularidade de cada obra. A idea da grisalla, entendida como o primeiro xesto pictórico, o xerme da creación, convértese nun símbolo común: ese momento inicial no que a idea comeza a tomar forma.
- Un colegio de Vigo, entre los 100 mejores de España según la revista Forbes
- «La generación Z consume menos alcohol porque encontró una droga nueva: la tecnología»
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Panxón estrena el mayor camping de autocaravanas de Galicia con visitas de siete países
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Borja Iglesias responde al seguidor del Deportivo que le pidió la camiseta que el Celta lució en el homenaje a Madonna