Entrevista | Fernando Cabeza Quiles Escritor
«A nenez é a época dourada de cada un de nós, cando todo é ilusión»
O próximo día 26 presenta «Defuntos e Santos Inocentes», un libro de relatos no que A Estrada, o pobo da súa infancia, ten un gran protagonismo

A familia Cabeza Quiles, na Estrada, durante a gran nevada de 1963. A imaxe recolle a gran nevarada que se rexistrou na Estrada o día 3 de febreiro do ano 1963. Nela aparece Fernando Cabeza (o neno que está na esquerda) cos seus dous irmáns e os seus pais. A casa que de ve detrás deles coa bufarda é a de Chao, onde viviron os anos que pasaron na Estrada. A vivenda estaba situada no cruce das rúas Pérez Viondi e Benito Vigo. Na zona, tal e como recorda o escritor, había plantados numerosos plataneiros, que se extendían ata a zona do Caño Sifón. / Cedida
Fernando Cabeza Quiles é coñecido polo seu traballo como investigador, destacando pola súa obra sobre a toponimia de Galicia. Sen embargo, tamén se adentra en ocasión noutros xénero, como o ensaio ou a prosa. Nesta ocasión, o escritor presenta «Defuntos e Santos Inocentes», publicado por Espiral Maior.
Neste novo traballo fai unha escolma de diferentes relatos curtos que se inspiran en vivencias da súa infancia. Moitos deles falan da súa etapa na Estrada, así que o próximo día 26 ás 20.00 horas realizará unha presentación na Casa das Letras.
—Sorprende velo cun libro de relatos entre mans...
É certo. Son máis coñecido polos meus traballos sobre a toponimia, pero neste caso é un libro de relatos breves que me veñen de neno. Cando erres pequeno, como cando eu estiven na Estrada, colles moitas vivencias. Neste caso utilicei algunhas para facer este libro e por iso A Estrada ten a súa importancia nel. Son un total de 60 relatos e de personaxes da Estrada haberá máis de dez. Falo por exemplo do ceguiño. Era un home cego que se chamaba Xosé e que cando eu era neno viña pedir nos días de feira. Tamén falo de cando meu pai era moi do Real Madrid, e franquista tamén, e me levaba a ver os partidos ao Bar Pepe, que estaba na rúa Serafín Pazo. Era unha personaxe moi singular que facía sempre pareados simpáticos.
—E a partir deses detalles curiosos da súa infancia crea un relato literario?
Si, penso que debía ser moi observador cando era neno porque na miña memoria quedaron esas imaxes gravadas. É o caso do señor Castro, que daba clase de Formación do Espíritu Nacional, todo moi de Franco. Daquela estabamos na OJE, Organización Juvenil Española. Era para ir controlando aos nenos e metelos na Falanxe. Unha vez leváronnos a Santiago a facer un desfile case militar. Esa é outras das historias que recollo, neste caso cun toque humorístico. Penso que dos lugares que vivín, A Estrada é dos que máis presencia ten no libro.
—De que ano a que ano estivo vivindo na Estrada?
Cheguei a principios dos anos 60. Sería o 62 ou 63. Aínda estaba a primeira Farola. Daquela A Estrada era moi pequena. Vivín na rúa Pérez Viondi, aínda con Casa Silva. Marchei aos 12 ou 13 anos, no año 68. Meu pai era profesor e daquela non o pasaban moi ben. Cando era pequeno viñemos para que dese clase no que foi o embrión do futuro instituto da Estrada, o Inmaculada Concepción, que estaba onde logo estivo a biblioteca, e agora está en ruínas. Viñamos de Pontecesures e logo marchamos para Ribeira. Agora vivo en Carballo, por casamento.
—Unha das súas paixóns é o ciclismo e creo que tamén ten unha historia cun ciclista de sobra coñecido na Estrada
Si, de Manuel Blanco Garea. Daquela era moi bo ciclista e moi coñecido. Un día presentouse na miña porta e díxome se quería adestrar con el, porque escoitara que eu era bo na bici. Fun pero non o daba seguido. Fai pouco conteillo e non se acordaba. Neste libro falo del como o único ciclista que durmiu baixo as estrelas, recordando a vez que foi a Barcelona seleccionado para o Campionato de España. Chegou alí cunha man diante e outra detrás e durmía en Montjuic, onde dicía que lle mordían as formigas.
—Segue vostede vindo moito pola Estrada, que é o que máis lle chama atención en relación aos anos que pasou aquí de pequeno?
Teño pinta de duro pero no fondo son un sentimental e sempre que vou paso pola casa de Chao, onde vivimos. Está en Pérez Viondi, antes do cruce para Codeseda. Daquela nesa zona había plantados moitos plataneiros, ata o Caño Sifón. Alí está aínda a marca da placa do notario que era veciño noso, Jose Luis Espinosa. Tamén seguía a imprenta Briones ata fai pouco. Na nosa casa escoitábamos como funcionaba.
—A Estrada deixoulle fonda pegada a pesar de que so pasou aquí uns anos.
Totalmente. Hai un poeta polaco que di que a patria do home é a nenez. Esa é a nosa época dourada de cada un de nos. Despois xa veñen os golpes. Daquela todo era ilusión. Nos experimentamos a dor, nin os problemas nin a morte. esas sensacións e eses recordos son os que intentei transmitir neste libro de relatos. Penso que é divertido e que lle vai gustar á xente.
Suscríbete para seguir leyendo
- Endometriosis, la enfermedad del silencio: ¿qué es y a quién afecta?
- Agencias de viaje temen cancelaciones en verano debido al conflicto en Irán
- Interceptado un conductor de patinete eléctrico en Vigo bajo los efectos de cuatro drogas diferentes
- La viguesa Marta Pardo, primera mujer en el TOP 10 mundial de Global Gurus, destaca en liderazgo y gestión
- El IEO documenta dos nuevos ejemplares de peces globo potencialmente tóxicos en aguas de Cangas y Pontevedra que evidencian la «tropicalización» de Galicia
- El gerente del Área Sanitaria de Vigo: «Los médicos sin MIR están de apoyo administrativo y no pueden ver pacientes»
- Galicia se prepara para un fuerte incremento de la inflación por encima del 3% este mes por culpa de la guerra en Oriente Próximo
- Stellantis planea dar entrada a inversiones de fabricantes chinos para reorganizar su capacidad industrial en Europa