Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Infraestructuras

Lalín recibe 17.000 euros para material para o campo de Vilatuxe

Redacción

Lalín

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega de 17.000 euros ao Concello de Lalín para a adquisición de material de diferente tipo para o estadio de San Lorenzo de Vilatuxe. A concesión enmárcase no III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de 8 millóns de euros.

Lalín destinará esta achega á reforma dos vestiarios desta instalación deportiva. Contémplase a compra de material sanitario (inodoros, lavabos, instalación para persoas con mobilidade reducida, etc.), fontanería e portas abatibles co fin de modernizar un espazo primordial, posto que nas súas instalacións lévanse a cabo as competicións e adestramentos dun elevado número de equipos de fútbol, así como de rugby.

Lalín recibirá este ano máis de 202.500€ no marco deste plan, cos que vai impulsar nove actuacións. Aos 17.000 euros aprobados para o campo de Vilatuxe, súmanse a compra de material para diferentes instalacións deportivas, a dotación de pavimento vinílico na pista do pavillón municipal e a rotulación de varias zonas, a reposición do muro de peche no lateral do campo de fútbol de Manuel Anxo Cortizo e diversos materiais, unha cuberta para a zona de xogos e a adquisición dun garaxe para salto con pértega. Ao remate da terceira convocatoria, o Concello de Lalín recibirá máis de medio millón de euros da Deputación de Pontevedra no marco deste plan.

Tracking Pixel Contents