Os outros feirantes do Entroido
Bolarqueiros en Noceda e Lupercais na Eira da Xoana consolídanse canda figuras xa tradicionais, coma os Xenerais da Ulla en Piloño
Son Goku conquista Cerdedo

Comitiva de bolarqueiros en Noceda / J.R. Moire / Bolarqueiros / Eira da Xoana / Concello de Cerdedo

O Entroido vive unha idade dourada na que, ás figuras tradicionais, se van engadindo outras que aspiran a sela. É o caso dos Bolarqueiros en Noceda (Lalín) ou as Lupercais da Eira da Xoana. Conviven con outras arraigadas, coma os Xenerais da Ulla, que este domingo deron o alto en Piloño.
As visitas dos bolarqueiros sorprenderon á veciñanza da parroquia lalinense de Noceda. A celebración rematou con picoteo, música e mercadiño.
A mascarada de Piloño (Vila de Cruces) xuntou 16 xenerais e repartiu varios premios. En grupos, Un mundo máxico, de Os Garatuzas, levou 300 euros; O reino de Oriente, da ANPA do CEIP Nosa Señora da Piedade, 200; e A familia gitana de Ollares, 100. En individual gañou O Circo de Piloño (100), por diante de O Grelo (70) e Superhéroes (50).

Bola de Dragón, comparsa gañadora do concurso de Cerdedo. / Cedida
O Concello de Cerdedo repartiu 775 euros en premios. O primeiro, de 225 euros, foi para Bola de Dragon –a mítica recreación da exitosa serie televisiva de manga protagonizada por Son Goku–, seguida de Debajo del mar e Santa Compaña da Cacheira, ambos con 125 euros.
A Eira da Xoana, na parroquia agoladesa de Ramil, acolleu o sábado as VIII Lupercais. Foi nomeada Raíña Lupa Rosana Prieto Florines, concelleira do BNG de Pantón, agredida nunha mobilización en Monforte de Lemos en solidariedade coa causa palestina.
- «Durante casi 30 años sufrí un dolor que ni en el parto y lo tenías que ocultar»
- Interceptado un conductor de patinete eléctrico en Vigo bajo los efectos de cuatro drogas diferentes
- Balbi, «una pequeña ferretería del deporte» que resiste en Vigo tras casi 40 años de historia
- Inditex refuerza su presencia en la rúa Príncipe con una gran tienda de Oysho
- Once conductores de Uber en Vigo se quedan sin el «título habilitante» para circular
- El IEO documenta dos nuevos ejemplares de peces globo potencialmente tóxicos en aguas de Cangas y Pontevedra que evidencian la «tropicalización» de Galicia
- Salgueiros perde a un mozo comprometido, cofundador de Vai Nela
- La constructora de avenida de Portugal desoye la orden de reinicio de obra del Concello y vecinos y comerciantes se movilizan