Colisión
Unha persoa excarcelada tras un accidente entre dous coches na Estrada
Foi no quilómetro 316 da N-525, en Loimil, arredor das tres da mañán

Imaxe dun dos vehículos trala colisión. / Bombeiros de Deza
REDACCIÓN
Un accidente con dous coches implicados deixou unha persoa excarcerada na Estrada. Ocorreu no quilómetro 316 da N-525, na parroquia estradense de Loimil.
Minutos antes das 03.00 horas, un particular explicou ao 112 Galicia que se acababa de rexistrar unchoque frontal entre dous coches, cunha persoa atrapada no interior dun deles. O conductor resultou ferido leve, e a conductora que houbo que excarcelar queixábase de daños na cadeira.

A condutora foi liberada do interior do coche polos bombeiros. / Bombeiros de Deza
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Deza-Tabeirós, o GES e o Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.
Nada mais recibir o aviso, os medios desprazáronse ata o punto e confirmaron que era necesaria a excarceración dun dos implicados, que foi finalmente atendida polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar en ambulancia.
- La otra represalia de EE UU contra España: el adiós al caladero de Boston para 70 pesqueros gallegos
- Cierra la cadena de panaderías Porto, con obrador en Vigo y media docena de despachos
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- «Cuando un niño te abraza y llora porque te vas, no hay palabras para describirlo»
- Rías Baixas quiere congelar la producción de uva ante el desplome del consumo
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- Tres heridos en un accidente con cuatro coches implicados en la VG-20 en Matamá
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita