ENTROIDO 2026
A troula non entende nin de xéneros nin de galóns
Este sábado era 14 de febreiro, Día de San Valentín e por tanto unha xornada para celebrar o amor e a amizade. Pero, como tamén cadraba co arranque do Entroido (ainda que en zonas de Ourense xa se leva celebrando dende hai semanas), as rosas e os bombóns cederon protagonismo ás arengas, aos disfraces e á creatividade

Trouxa sin xéneros nin galóns no entroido de Deza e Tabeirós /

A Praza da Igrexa chea ata o kilómetro cero, música e elegancia, moita elegancia. No Vermú das Señoritas de Lalín non se trata só de que as mulleres nos vistamos de homes, ou ao revés, senón de que tamén saibamos levar un traxe con xeito ou de que eles se manteñan en pé en tacóns de 10 centímetros e pasando case tanto frío como en Noitevella. Este sábado, a afluencia á cita que organiza o Naranxo foi tan grande que ata familias enteiras acudiron disfrazadas. E tamén políticos moi vinculados á comarca, como o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o presidente da Deputación, Luis López. Este ano, para evitar contratempos coa meteoroloxía (choveu pouco, pero algo choveu) os cafés Asubío, Casa Currás e Café Casino, coa colaboración do Concello, colocaron unha carpa para acoller os concertos de Pachi Show a mediodía e , xa pola tarde, de Jinetes del Trópico e Duendeneta Dilleis.

Os políticos Luis López e Román Rodríguez.
Como cada ano, O Naranxo sacou a Santo Torrisco en procesión, para o que xa levaban semanas preparando as coplas na que se repasa a política local. Coplas, en realidade arengas, tamén foron as protagonistas no Entroido da Bandeira, en Silleda. Tralo desfile de comparsas e de carrozas, tivo lugar primeiro o Alto Infantil e despois o Alto dos Xenerais da Ulla.

Desfile carnavaleiro polas rúas da Bandeira.
Inspiradas nas pretensións de Donald Trump de mercar Groenlandia e de conflictos bélicos como o de Rusia-Ucrania pola rexión do Donbás ou o da franxa de Gaza, un «correo» de San Tirso reclamou ante a «centinela» que as terras da Bandeira lle pertencían a aquela aldea de Manduas. Houbo críticas á remodelación da praza Juan Salgueiro, pois «parece unha discoteca/débelles gustar moito a Donadana/de noite poñen as luces violetas/ e a xente sin ver nada». As arengas entre dous xenerais fixeron mención á intervención estadounidense en Venezuela, e incluso houbo versos mencionando as relacións familiares entre os dous. O Entroido da Bandeira repartiu ademais seis premios en metálico para as mellores carrozas, catro tanto para os mellores disfraces individuais e individuais infantís, un para negocios e dous para asociacións. Todos están patrocinados por empresas.

Particiipantres na cita do Entroido lalinense.
Actos para hoxe
Nesta xornada dominical, o Entroido arranca en Silleda xa ás 8.30 horas coa Alborada de Baldréus, na Carballeira das Pedrosas. Ás 12.00 horas comeza o Vermú de Mandís, que dará lugar ao xantar baixo carpa na Feira Vella, un pasarrúas (dende as 18.00 horas) e festa ata altas horas da madrugada. Onte, os silledenses xa disfrutaron de Don Carnal cunha pixamada.

Un clásico: KG xunto ao Santo Torrisco.
En Lalín, o Entroido da Cacharela comeza ás 17.00 horas, coa saída de 20 cacharelos, acompañados dos xigantes Papamoscas e o Boi. Haberá postres elaborados polos veciños e música a cargo de Pachi Show. Agolada e Rodeiro súmanse á festa ás 18.00 e 17.30 horas, respectivamente. e dende as 16.00, pero en Piloño, sairán á rúa os xenerais, a Vellería, o señor alcalde e o señor abade.

Algúns participantes na ‘pixamada’ de Silleda.
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- El nuevo centro de salud Olimpia Valencia de Vigo abre sus puertas a medio gas: «No sabemos cuándo podremos pedir cita»
- Carvajal sale en defensa de sus aplausos a Iago Aspas: «Ese gesto significa respeto a una leyenda de nuestra liga»
- La flota gallega inicia la campaña en Malvinas tras los buenos datos científicos del calamar: «Estamos volviendo a la normalidad»
- El Gobierno gallego aprueba el nuevo decreto de FP que incluye a profesionales en activo y prejubilados como docentes
- Final feliz a cuatro días en altura
- La clave del Ensanche del futuro en Vigo: su plan de protección debe priorizar el acceso a la vivienda para fijar población
- Alumnos del área de Vigo ya reciben en los institutos terapia individual por sus adicciones