Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Despedida

Pesar por Alonso Montero no «mellor colexio do mundo»

A escola do Foxo despide ao que foi o seu ilustre profesor durante tres anos, cunhas palabras que rememoran a súa singular traxectoria no centro

Alumnos e profesores do Foxo, nun entroido con Xesús Alonso Montero.

Alumnos e profesores do Foxo, nun entroido con Xesús Alonso Montero.

Redacción

A Estrada

O Ceip do Foxo manifestou onte o seu máis sentido pésame polo pasamento de D. Xesús Alonso Montero, recoñecido escritor, filólogo e académico que foi presidente da Real Academia Galega. Faleceu este xoves, e dende a escola deron as grazas por ter a honra de compartir momentos inesquecibles con el no seu colexio, ao que denominou «o mellor colexio do mundo». Alí ten plantado un castiñeiro, unha aula leva o seu nome, e mesmo un grupo de mestras puxo en escea a obra tráxico-cómica da súa autoría Un xuízo oral (bilingüe) nunha vila galega no outono de 1942, e mesmo visitaron da súa man a Real Academia Galega. Tamén no ano 2017 o autor publicou o libro Sobre as palabras máis fermosas da lingua galega, ao que acompañou con estas palabras: «Dedico este traballo, con agarimo e gratitude, ó Ceip do Foxo, da Estrada, centro escolar digno das mellores gabanzas. Profesorado, alumnos e persoal do Centro, graciñas pola vosa acollida nestes tres últimos anos».

Tracking Pixel Contents