Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Discriminación lingüística

A fibra non entende galego

O Ministerio para la Transición Digital esixe a un grupo de veciños de Dozón que soliciten en castelán a instalación de fibra óptica

Redacción

Dozón

En setembro de 2021 un veciño de Dozón, Mario Vila, contratou coa empresa Telefónica un servizo de 600 Mb de fibra óptica que nunca foi instalado e para o que lle ofrecían unha alternativa de conexión por radio de baixa calidade. Vila reclamou ante o Ministerio para la Transición Digital, que resolveu en contra deste veciño argumentando que el non presentata alegacións, pero estas «foron rexistradas en tempo e forma», asegura o afectado. A día de hoxe, o recurso de reposición segue sen resposta.

Ante este bloqueo individual, a finais do ano pasado púxose en marcha unha petición veciñal conxunta. O ministerio non respondeu, senón que devolveu o escrito «por estar redactado en galego, e agora esíxelle aos veciños que sexan eles os que asuman a tradución ao castelán nun prazo de 10 días se non queren que a súa reclamación sexa enviada ao arquivo». Vila lembra que a Lei 39/2015 obriga á administración a realizar as traducións ao castelán cando un cidadán exerce o seu dereito de empregar unha lingua cooficial.

Os veciños consideran que se trata dunha estratexia para protexer a Telefónica «de cumprir cos seus compromisos de investimento no rural galego». Van presentar esa solicitude traducida ao castelán apra non perder os seus dereitos, pero esíxen que se obrigue á operadora a despregar a tecnoloxía comprometida hai catro anos.

Tracking Pixel Contents