Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entroido

Clases con moito que debullar

O alumnado da Escola Infantil de Donramiro participa neste curso nun proxecto da Fundación María José Jove que promove unha aprendizaxe práctica fóra das aulas

O alumnado de Donramiro, vestido con carochas de millo.

O alumnado de Donramiro, vestido con carochas de millo. / Miguel Calvo

S. SOUTELO/S. PERNAS

Lalín/A Estrada

Se do porco se aproveita todo, do millo tamén: a planta e o gran alimentan o gando, a súa fariña permite elaborar pan, o carozo que queda ao debullalo arde tan ben como a leña e o cosco (a cuberta vexetal que envolve as espigas) antano empregábase como recheo dos colchóns.

O millo pasa por ser un dos cultivos máis comúns en Deza, así que era lóxico que o Centro de Arte Fundación María José Jove escollese un centro educativo da comarca, a escola de educación infantil de Donramiro, para a súa investigación colaborativa «Tercer maestro». Nesta iniciativa colaboran a Fundación Cerezales Antonino y Cinia e o artista Nicolás París. En «Tercer maestro» diséñanse aulas deslocalizadas que permiten sair das catro paredes dos centros educativos e aprender da natureza e coñecer o seu ritmo, algo que agora está de moda grazas ao filósofo coreano Byung Chul Han, pero que se leva practicando desde fai miles de anos coa agricultura e gandería extensivas. E é o que neste curso están facendo os nenos e nenas da escola de Donramiro: observar como rebenta na terra un gran de millo ata converterse nunha planta de fermoso porte e dar espigas. Os veciños e veciñas explicoulles ao alumnado como enrestrar as espigas co cosco (como se fai tamén coas cebolas para favorecer o seu secado e conservación), mentres o artista Diego Vites lles aprendeu a diseñar as estructuras para o secado e almacenamento das sementes.

Merenda compartida

Nas últimas semanas, as clases centráronse noso estudo dos animais autóctonos, sobre todo nos que coidan deses campos de millo, e na orixe do Entroido, un ritual vinculado ao remate do inverno, á fertilidade da terra e á garantía das boas colleitas. Ontr, da man de Alba Cacheda, Diego Vites e Miguel Calvo, a comunidade educativa participou nunha performance que os transformou nalgúns deses animais que coidan a terra para que produza, así como en «campos de millos» ambulantes. A sesión rematou cunha merenda compartida entre nenos, nenas, docentes, artistas e proxenitores, cun menú a base da comida que levaron as familias, pan de millo e, sobre todo, o saber dos veciños. Nas próximas semanas haberá outra clase práctica que permitirá facer fariña para cocer pan. Está tamén previsto que con «Tercer maestro a artista Julia Huete axude a pensar noutros posibles usos dos materiais que se xeneran durante a colleita.

Unha voda de cine o día 21 en Soutelo de Montes

A vila soutelana acolle este ano a voda de Estrella del Carmen, filla de Antonio «da Bandeira» e Melanie «Grifo», con Alex Gruswhisqui do Trinque. O encontro terá lugar o día 21 ás 18.30 h na Praza dos Gaiteiros de Soutelo de Montes onde se agarda a chegada dos noivos e onde se realizará a cerimonia nupcial. A continuación a comitiva, acompañada do Grupo Os D´Aquí encabezará o percorrido polo núcleo urbano da vila onde se celebrará a degustación nupcial.

A parte gastronómica é a gran novidade desta edición na que varios establecementos hosteleiros ofrecerán unha degustación nupcial a todos os participantes a partir das 20.30 h. Cafetería Don Carlos, Bar O´Lagar, Pan de Soutelo Kalis, Taberna Os Carteiros e Pan de Soutelo 1898 ofrecerán diferentes pratos propios desta época e que se ofertarán, con consumición incluída a, 4 euros para os socios da Asociación Cultural O Can de San Roque e a 5 euros para os non socios. Os tickets para participar desta degustación xa están a venda na Farmacia Yolanda Vilar e na Mercería Anna. O baile nupcial e festa posterior terá lugar co DJ ISI-M no Bar O´Lagar.

Centro Comercial Pontiñas

Por outra banda, o Centro Comercial Pontiñas, de Lalín, acolle hoxe ás 18.00 horas o Chocolate das Señoritas, un evento solidario que destina a súa recadación (ten un prezo simbólico de 0,5 euros por persoa) a Aspadeza. Ademais, acolle o martes 17 o seu 21º Concurso de Carnaval. Hai que inscribirse ese día de 16.30 a 17.45 horas. Haberá premios aos millores disfraces individual, de parellas e de grupos.

Lazo polo cancro infantil no Villar Paramá | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Baile para maiores no Mome. / Bernabé/Javier Lalín

Cruz Vermella Española organizou onte na Estrada unha festa para celebrar o entroido coas persoas maiores, que encheron o Mome de cores, baile e diversión. Na xuntanza tamén cantaron as coplas realizadas polos propios maiores e voluntarios dos obradoiros de estimulación de memoria das distintas parroquias.

Lazo polo cancro infantil no Villar Paramá |

Lazo polo cancro infantil no Villar Paramá. / Cedida

O CEIP Villar Paramá celebrou un carnaval con carácter solidario, colaborando coa Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia. Conmemoraron así o Día Internacional do Cancro Infantil, que é o 15 de febreiro.

Tracking Pixel Contents