Historias de participación cidadá
A Estrada tamén tivo ‘Movidas’
A inminente estrea do documental ‘360 curvas’ codirixido por Ariadna Silva Ferández sobre as mobilizacións veciñais da Fosagrada a comezos dos 90 despertan campás na memoria dos estradenses, que tamén chegaron a tomar o consistorio hai 23 anos, como forma de protesta contra unha repentina e acusada subida do IBI

Encierro en el Concello de A Estrada a causa de la subida del IBI en 2003 (4)
Este venres chega aos Minicines Central 360 Curvas, o documental codirixido por Ariadna Silva Fernández que recupera un episodio singular da historia recente do rural galego: as protestas da Fonsagrada a comezos dos anos 90 –coñecidas como ‘As Movidas’– nas que a veciñanza chegou a manter durante case dous meses un encerro no Concello para denunciar a perda de servizos e o illamento dun territorio xa golpeado pola despoboación.
Esta historia, pouco coñecida máis alá da montaña luguesa, reivindícase como un exemplo de unión e participación cidadá. Porén, o seu método de protesta tamén sentou cátedra, e unha década máis tarde algo semellante ocorrería aquí, na Estrada (salvando as distancias).
No Nadal de 2003, o casco urbano estradense converteuse no escenario dun conflito que tiña unha orixe moito máis inmediata: o peto. O incremento do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) foi o detonante. Este non se disparou porque o Concello decidise subir o tipo impositivo –de feito, aplicábase o mínimo permitido–, senón polo efecto dunha revisión catastral. O Catastro actualizou o valor oficial de numerosos inmobles e, ao aumentar esa base sobre a que se calcula o tributo, moitos propietarios atopáronse con recibos moi superiores aos habituais.

Afectados pola subida pechados no Concello. / Bernabé
O malestar foi medrando ata que o 19 de decembro un grupo de afectados iniciou unha concentración diante do Concello. O que comezou como unha protesta acabou transformándose nun encerro no interior do consistorio, organizado por quendas e coa esixencia dun pleno extraordinario que abordase medidas correctoras. A mobilización prolongouse durante semanas e deixou imaxes pouco frecuentes: veciños pasando a Noiteboa no edificio municipal e recibindo o ano novo dentro, tomando as uvas na propia casa consistorial.

Veciños durante as protestas na casa consistorial. / Bernabé
A protesta foi tamén un pulso político e social. Houbo acusacións cruzadas no ámbito municipal, participación activa do BNG como apoio aos encerrados e incluso a incorporación de comerciantes e empresarios, que advertían do impacto da subida e reclamaban unha solución equilibrada para o casco urbano. A presión veciñal acabou abrindo paso a bonificacións e descontos universais para amortecer o efecto daquela revisión, que se manterían ata 2011, cando o alcalde popular José López Campos os revertiu.

Quendas para manter o encerro e debate político. / Bernabé
Daquela non estaban en xogo as mesmas causas que na Fonsagrada nin se trataba do mesmo tipo de abandono institucional, pero ambos episodios comparten unha idea de fondo: cando unha comunidade sente que non está sendo escoitada, a unión é a arma máis forte de presión. Sexa tomando o consistorio, paralizando a actividade municipal durante semanas e incluso meses, ou a través de mobilizacións recollidas de firmas, unha cousa é certa: O pobo unido, dificilmente é vencido.

Pintadas na fachada do consistorio. / Bernabé
Suscríbete para seguir leyendo
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- La flota gallega inicia la campaña en Malvinas tras los buenos datos científicos del calamar: «Estamos volviendo a la normalidad»
- El nuevo centro de salud Olimpia Valencia de Vigo abre sus puertas a medio gas: «No sabemos cuándo podremos pedir cita»
- El Celta pierde a Miguel Román por lesión para lo que resta de temporada
- Carvajal sale en defensa de sus aplausos a Iago Aspas: «Ese gesto significa respeto a una leyenda de nuestra liga»
- Louzán admite que Vigo «está a las puertas» de ser sede del Mundial, pero omite la reforma de Tribuna
- Final feliz a cuatro días en altura
- El Gobierno gallego aprueba el nuevo decreto de FP que incluye a profesionales en activo y prejubilados como docentes