Certames literarios
Convocados o ‘Balbino’ de relato e o ‘Anisia Miranda’ de teatro
Os concursos da Fundación Xosé Neira Vilas reparten 1.500 e 1.000 euros en premios
redacción
A Fundación Neira Vilas convoca dous certames: o Balbino de relatos e mailo Anisia Miranda de teatro para a infancia.
O prazo para participar na décimo primeira edición do Concurso Balbino está aberto xa e pecha o vindeiro 30 de xuño. A obra poderá estar composta dun único relato ou de varios, pero sempre cunha extensión de entre 100.000 e 200.000 caracteres con espazos. O idioma empregado ten que ser o galego e a temática centrada no rural, mar ou emigración. As bases están dispoñibles para a súa consulta en www.concursobalbino.com. O gañador recibirá un premio de 1.500 euros e Edicións Fervenza publicará a súa obra.
No que ten que ver co premio de teatro, os interesados en mandar as súas propostas deberán ter en conta que terán un máximo de 30.000 caracteres. O prazo de envío, ao enderezo fundacion@neiravilas.gal, rematará o 20 de abril e xa o 24 de maio celebrarase o acto de entrega do galardón. O mellor recibirá 1.000 euros e a publicación da obra correrá a cargo de Edicións Embora.
Con esta iniciativa a fundación que leva o nome de Xosé Neira Vilas busca atender a unha certa carencia que se viña observando no sistema literario galego no tocante a certames que impulsaran a creación de textos dramáticos para os máis pequenos. Os dous certames contan con apoio de administracións públicas.
- «Durante casi 30 años sufrí un dolor que ni en el parto y lo tenías que ocultar»
- Interceptado un conductor de patinete eléctrico en Vigo bajo los efectos de cuatro drogas diferentes
- Balbi, «una pequeña ferretería del deporte» que resiste en Vigo tras casi 40 años de historia
- Inditex refuerza su presencia en la rúa Príncipe con una gran tienda de Oysho
- Once conductores de Uber en Vigo se quedan sin el «título habilitante» para circular
- El astillero francés Piriou se adelanta a Freire por el pedido de dos oceanográficos para Indonesia
- Salgueiros perde a un mozo comprometido, cofundador de Vai Nela
- El IEO documenta dos nuevos ejemplares de peces globo potencialmente tóxicos en aguas de Cangas y Pontevedra que evidencian la «tropicalización» de Galicia