Cultura
Última función de ‘Os seráns de Vilancosta’ na vila
A obra remata a súa xira con outras dúas actuacións o 21 en Braga e o 28 en A Coruña

O elenco durante unha das representación. | CEDIDA
O departamento municipal de Cultura da Estrada puxo dende onte á venda anticipada as entradas para asistir á última función no municipio da obra teatral Os seráns de Vilancosta, dirixida por Santiago Cortegoso e estreada en 2025 no marco do Ano Cultural Avelina Valladares. A representación terá lugar no Teatro Principal o vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 20.30 horas, nunha cita que suporá a despedida definitiva da peza do público estradense.
Esta función será, ademais, a primeira das tres paradas que contempla a pequena xira coa que a montaxe se despedirá dos escenarios. Cómpre lembrar que se trata dun proxecto cultural colectivo no que se implicaron actores e actrices da Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE), así como integrantes da agrupación Tequexetéldere. A obra contou tamén coa colaboración da ilustradora Rosa de Cabanas, encargada de dar vida a algúns dos espazos vencellados á familia Valladares de Vilancosta, achegando unha dimensión visual singular á posta en escena.
Baseada nun libro homónimo presentado polo Concello tamén no marco do Ano Cultural 2025, esta montaxe reúne máis de 50 artistas e vai máis alá dunha simple homenaxe. O espectáculo pretende poñer en valor e visibilizar a figura de Avelina Valladares, destacando o seu carácter pioneiro, valeroso e profundamente xeneroso. A peza subliña a relevancia dunha autora fundamental dentro do Rexurdimento galego, cuxo legado quedou durante décadas nun segundo plano.
Tras esta derradeira oportunidade de gozar da obra na Estrada, Os seráns de Vilancosta viaxará o sábado 21 de febreiro á cidade portuguesa de Braga, onde se representará ás 21.30 horas (hora local) no marco do Festival Convergências Galicia-Portugal. A xira concluirá o 28 de febreiro na Coruña, cunha función programada ás 19.30 horas no Centro Ágora.
Cómpre lembrar que esta peza axuda a poñer rostro á coñecida como Cantora da Ulla, unha Avelina Valladares á que o Concello da Estrada dedicou o Ano Cultural 2025 coincidindo co bicentenario do seu nacemento. Con esta iniciativa, o municipio quixo recuperar e reivindicar o papel dunha muller creadora que no seu momento quedou eclipsada pola figura do seu irmán, o lexicógrafo e escritor Marcial Valladares Núñez, devolvéndolle o lugar que merece na memoria cultural galega, como .
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- La flota gallega inicia la campaña en Malvinas tras los buenos datos científicos del calamar: «Estamos volviendo a la normalidad»
- El nuevo centro de salud Olimpia Valencia de Vigo abre sus puertas a medio gas: «No sabemos cuándo podremos pedir cita»
- El Celta pierde a Miguel Román por lesión para lo que resta de temporada
- Carvajal sale en defensa de sus aplausos a Iago Aspas: «Ese gesto significa respeto a una leyenda de nuestra liga»
- Louzán admite que Vigo «está a las puertas» de ser sede del Mundial, pero omite la reforma de Tribuna
- Final feliz a cuatro días en altura
- El Gobierno gallego aprueba el nuevo decreto de FP que incluye a profesionales en activo y prejubilados como docentes