Sociedade
A empresa pecha, pero a familia queda
A plantilla do antigo concesionario Estrada Motor celebra cada ano unha xuntanza dende o 2003, ano no que o negocio botou o peche. Demostra así que o que une a convivencia e o traballo, sempre perdura

A plantilla de Estrada Motor, este domingo na Eira de Vilariño, Soutelo de Montes. | CEDIDA
Hai relacións que xurden dun xeito inesperado e se converten en incondicionais. Da igual o tempo que pase, os diferentes camiños que se tomen, aquelo que uniu permanece e permite que sempre se atope o momento de volver, de poñerse ao día e comprobar que en realidade, nunca nada mudou.

Unha das primeira xuntanzas. / Cedida
Exemplo destas casualidades é a plantilla que durante anos formou parte de Estrada Motor, unha empresa que naceu tras a división de Goldar SL, concesionario Seat dende os anos 70 na Estrada, en dúas firmas: Ulla Car e Estrada Motor. O persoal repartiuse, pero os vínculos quedaron.
Fernando Sanmartín, un dos traballadores, lembra aqueles anos con agarimo. En 1998 deixaron a Avenida de Santiago para trasladarse ao Alto da Cruz. Alí traballaron ata o ano 2003, cando a empresa pechou de forma definitiva. Aínda que este non era o final.
Fixeron un cocido de despedida, e foi entón cando se deron conta de que a unión e o apego que sentían os uns polos outros non podía quedar alí, debía continuar. Dende entón cada ano na primeira fin de semana de febreiro, xúntanse para degustar ese mesmo menú. O cocido é a excusa, o lugar cambia cada edición, e o obxectivo é reencontrarse, compartir anécdotas e lembrar.
Agora están a piques de cumprir as vodas de prata, o que supón 25 anos demostrando que ao traballo tamén se pode ir facer amigos. «A convivencia fai o cariño, nós pasamos moitas cousas xuntos, algunhas máis felices que outras, e aínda que tomamos camiños diferentes, cando nos vemos gústanos falar de aqueles tempos», di Sanmartín. Onte foi unha desas datas, traballadores coas súas familias arredor da mesa, viaxando ao pasado a través de contos e cun bo xantar.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un colegio de Vigo, entre los 100 mejores de España según la revista Forbes
- «La generación Z consume menos alcohol porque encontró una droga nueva: la tecnología»
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Panxón estrena el mayor camping de autocaravanas de Galicia con visitas de siete países
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Borja Iglesias responde al seguidor del Deportivo que le pidió la camiseta que el Celta lució en el homenaje a Madonna