Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festexos

A chuvia respecta outra exitosa edición do Entroido de Merza

Con máis de 300 inscritos no concurso de disfraces e comparsas, a organización entregou un total de 1.700 euros en diferentes premios nas categorías de ‘carroza’, ‘colectiva’ e ‘individual’, ademais dunha mención especial para a ‘Maxia do Circo’

Vila de Cruces

O Entroido de Merza celebrou unha das súas edicións máis concorridas, cun concurso de disfraces que reuniu preto de 300 persoas inscritas. A festa, organizada pola Asociación Vello dos Cornos en colaboración co Concello de Vila de Cruces, puido desenvolverse con normalidade grazas a que a meteoroloxía respectou e o día aguantou sen chuvia.

En total, repartíronse 1.700 euros en premios entre as distintas categorías. Na modalidade de carrozas, «A Maxia de Cerdeiriñas» e «Templo de los dragones» acadaron os principais galardóns, dotados con 200 euros cada un. O segundo premio foi para «Jaliñas presas», con 150 euros, e tamén se recoñeceu a «Secuestro de Maduro» con outros 150 euros. Ademais, concedeuse unha mención especial de 500 euros a «A Maxia do circo».

VILA DE CRUCES MERZA ENTROIDO ALTO XENERAIS

Unha das comparsas do desfile / Bernabé / Amanda Castro

Na categoría colectiva, o primeiro premio recaeu en Churrería O Morouco, con 180 euros, seguido de Tarde Piaches, con 100 euros, e Sin Son, con 80 euros.

No apartado individual, o primeiro premio foi para «Podador fibra óptica», con 60 euros, o segundo para «Mayorie», con 50 euros, e o terceiro para «Espantapáxaron», con 30 euros.

Asimesmo, o Entroido de Merza é unha das citas destacadas do calendario festivo no municipio e constitúe tamén unha das paradas dos tradicionais atranques dos Xenerais da Ulla.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents