Homenaxe
A familia Castelao paseará pola praza da Farola da Estrada cunha escultura a tamaño natural

Encontro no consistorio co escultor Acisclo Novo, encargado de realizar a obra. | CEDIDA
Redacción
A tamaño real e paseando os tres xuntos. Son os puntos clave da escultura que representará á familia Castelao Pereira e que o Concello da Estrada colocará na céntrica e emblemática Praza de Galicia, no marco do Ano Cultural Virxinia Pereira. O alcalde estradense, Gonzalo Louzao, a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, mantiveron xa encontros co escultor ourensán que xa ten en marcha a realización desta peza, Acisclo Novo.
«Será a única escultura coa familia completa», apuntou o rexedor local. Lembrou que Virxinia Pereira e o único fillo do matrimonio, Alfonso Xesús Castelao Pereira, descansan no cemiterio parroquial de Figueiroa, mentres que Castelao foi enterrado no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval. «Con esta escultura, A Estrada úneos aos tres nun lugar que para eles foi importante e que, ademais, hoxe en día leva o nome de Praza de Galicia», incidiu o mandatario.
Louzao Dono non quixo desvelar moitos detalles da escultura, pero si avanzou que estará realizada en bronce e a tamaño natural. Puxo o acento en que Castelao medía 1,90 metros, de xeito que é sinxelo imaxinar a envergadura que terá a peza. A obra representará ao escritor e galeguista paseando coa súa dona, a estradense Virxinia Pereira Renda, coa que compartiu vida e ideoloxía. De feito, un dos piares deste Ano Cultural é poñer de manifesto que Virxinia foi crucial para a conservación do legado de Castelao.
A escultura será colocada logo da reforma e humanización da Praza de Galicia e da súa contorna, de xeito que os Castelao Renda se converterán, de maneira simbólica, nunha das moitas familias que pasearán por este espazo urbano peonil cada día. O alcalde sinalou que o goberno escolleu a Praza de Galicia para situar esta obra por dúas razóns principais. A primeira delas -dixo- son as referencias históricas que esta zona da vila tivo para esta familia: nesta praza estaba a igrexa onde casaron e nela tamén estaba o Casino onde celebraron as súas nupcias. Tamén aquí se atopaba a fonte á que Castelao se refire na súa «Carta aos Estradenses», publicada en 1941. «Apaguei a miña sede na fonte da praza, onde correo a i-auga mellor do mundo», di o autor.
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Costas plantea eliminar aparcamientos y paseos para salvar Praia América
- Unas 150 variedades de camelias atraen a multitud de personas a Porta do Sol
- La salud o la nota: cuando el esfuerzo por un 13 «asfixia» en Bachillerato
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Muere José Antonio Suárez-Llanos, referente del sector pesquero gallego, a los 71 años