Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música

Laura LaMontagne presenta videoclip feito na Estrada

Traballo de gravación do videoclip na Fundación. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Traballo de gravación do videoclip na Fundación. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Redacción

A Estrada

Tras dous anos de silencio Laura LaMontagne inicia unha nova etapa artística en solitario co lanzamento do single ‘SonRisas Falsas’, unha canción de electropop escuro e minimalista cantada en galego e inglés. A artista lucense vai directa á ferida. No novo tema fala abertamente da traizón e as dinámicas abusivas de poder que sufriu dentro da industria musical nun relato directo, irónico e profundamente emocional. A canción está dispoñible en plataformas dixitais e conta cun videoclip en Youtube.

Este videoclip foi gravado na Estrada, concretamente nas instalacións da Fundación de Exposición e Congresos no mes de xaneiro. Na escolla deste espazo tivo moito que ver a axencia estradense de artistas e produtora de recente creación TodoTofu.

Tracking Pixel Contents