Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Crise de goberno en Vila de Cruces

«Festival» político na Piedade

A saída de Julio López do goberno local de Xuntos e a imposibilidade de que PP, Bloque e Nova Alternativa sumen forzas para cambiar o nome do executivo (porque suporía volver ao PP) xa inspirou á veciñanza a diseñar o cartel das festas de agosto.

Los ediles de Xuntos y el alcalde, Luis Taboada, en una exposición fotográfica en septiembre.

Los ediles de Xuntos y el alcalde, Luis Taboada, en una exposición fotográfica en septiembre. / Bernabé

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Vila de Cruces

En varios grupos de whats app circula o cartel das Festas da Piedade para este ano. É, seguro, a programación máis inspirada na actualidade, pero política, non musical. Así, a Piedade mantén a xuntanza das peñas e o chupinazo, e como cabeza de cartel anuncia ao exedil de Xuntos, Julio López, Viscu, «coa súa nova banda, Grupo Mixto». Bromea coa menor afluencia á Feira do Chourizo, pois haberá degustación gratis «dos que sobraron». O domingo 9 actuará a oposición política, pero só «Otero y sus secuaces y Los del Bloque», xa sen mencionar sequera a Manuel Souto, o edil de Nova Alternativa.

Cartel con las actuaciones políticas en las fiestas de A Piedade.

Cartel con las actuaciones políticas en las fiestas de A Piedade. / Cedida

Tampouco faltan mencións aos 3 edís de Xuntos: Mireya Otero, Noemí Lois e Juan Carlos Rodríguez, que actuaría o 10 de agosto con «Os de Rodrijes» e The Clodomiro`s Band. O alcalde, Luis Taboada, é coñecido como Luis de Clodomiro de Cumeiro. Un último apunte, seica «as bandas non veñen, iso era cousa de Julio» e a charanga, «calquer día do ano no Concello».

Tracking Pixel Contents