Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Musikenos

Os baterías de Robe e Fito ofrecen unha clase maxistral na Estrada

A academia Musikenos de A Estrada organiza un ano máis unha clase maxistral de batería na que sempre contan con destacados músicos. Nesta ocasión sen embargo a academia contará coa participación de dous baterías que formaron parte de dúas das formacións más coñecidas do rock nacional. Por un lado estará Jesús García «Maguila», quen foi batería da formación Platero y Tú, liderada por Fito Cabrales. Por outra contarán con Alber Fuentes, quen foi batería da banda de Robe Iniesta. Terá lugar o 21 de febreiro no Teatro Principal.

Tracking Pixel Contents