Xuntanza de antigos alumnos
Reencontro do Instituto Laboral
Máis de medio cento de alumnos das promocións dos anos 1969 e 1970 da modalidade agrícola-gandeira e unha vintena de compañeiras que cursaron bacharelato no Ramón María Aller xuntáronse a fin de semana no restaurante Onde Antonio, do albergue de Mouriscade (Lalín)

Instantánea de familia dos participantes no encontro. | FOTOS: DANIEL GONZÁLEZ ALÉN
Máis de medio centenar de antigos alumnos das promocións dos anos 1969 e 1970 do Instituto Laboral Ramón Mª Aller de Lalín, volveron xuntarse a pasada fin de semana, para lembrar os vellos tempos de estudantes de bacharelato, na modalidade agrícola-gandeira, que compartiron neste centro de ensino. Ao igual que nos dous últimos anos, tamén concorreron unha vintena de alumnas que no mesmo centro cursaron o bacharelato, cando a partir do ano 1964 o instituto pasara a ser tamén de ensino técnico na modalidade administrativa.

Jesús Fernández, de Alperiz, parte unha cacheira.
A xuntanza anual tivo lugar no restaurante Onde Antonio, que dende hai pouco funciona no Albergue de Mouriscade, na fermosa área recreativa deste lugar da parroquia lalinense de Vilanova, que percorreron os asistentes para ollar as ribeiras do río Asneiro, que aquí salva unha pontella e coutan un par de chapacuñas que levan a auga a outros tantos muiños de dous e tres pés de moa, rodeado todo dunha variada arboreda. Logo compartiron un típico cocido, no que non faltaron nin a queimada, da que se encargou o pintor e poeta ourensán José Moleiro, que despois tamén fixo caricaturas aos asistentes que llo pediron, servíndose sobremesas típicas do Entroido e continuación, comezou un animado baile coa música do DJ Jose Randazzo, que tamén acompañou aos participantes que quixeron cantar, rematando a festa ao solpor.
Da organización desta xuntanza, á que asistiron antigos alumnos dos seis concellos dezaos, que se atopan moitos deles residindo en diversas localidades de Galicia e mesmo noutros puntos de España, encargáronse, ao igual ca nos catro últimos anos, Xosé González Arias, Xesús Fernández García e Álvaro Gutiérrez Reboredo, que despois de catro anos organizando o xa tradicional evento, cedéronlle o posto a Agustín López Torres, Manuel Senande, Esther Trabazo e José Carrón.
Dende principios dos anos cincuenta en que fora inaugurado, o Instituto Laboral Ramón Mª Aller ocupou o edificio do antigo Hospitalillo na Avenida de Buenos Aires, que custearan os emigrantes lalinenses en América, que non chegaría a funcionar como tal. A finais do pasado século no mesmo edificio instalouse o IES Laxeiro, mudando o Aller para a zona escolar e deportiva de Pena Toares, onde continua na actualidade como Instituto de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior en Informática. n
- Varios heridos y destrozos en el Twenty de Vigo en una pelea entre ultras del Celta y el Lyon
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Unos padres de Ponteareas ceden la representación legal de su hija con discapacidad a sus hermanos por falta de «competencias digitales»
- Locales de hostelería de Vigo ya exigen consumición mínima a los clientes para poder sentarse y limitan el número de carritos de bebé
- Las huelgas y el cambio de pacientes de Povisa lastran las listas de espera del Chuvi
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Inhabilitado y condenado al pago de 913.000 euros un empresario de Vigo por llevar una fabricante de maquinaria a la quiebra