Literatura oral
O Clube da Lingua recolle en verso a batalla de Ledesma
O IES Marco do Camballón, a través do Clube da Lingua, edita 400 exemplares que distribuirá entre o alumnado dos centros educativos de Vila de Cruces para que coñezan o enfrontamento bélico contra os franceses en marzo de 1809

Dous alumnos amosan exemplares do libro de cordel. |

O ano pasado, o alumnado de terceiro de Oralidade do instituto Marco do Camballón representou unha obra de teatro de sombras para os nenos e nenas do CEIP Cerdeiriñas, de Piloño. Nesta peza relatábanlles en verso a Batalla de Ponte Ledesma e cómo este enfrontamento entre máis de 2.000 soldados do exército francés e os paisanos ás ordes dos irmáns Benito e Gregorio Martínez deixou pegada no Entroido da Ulla e nos seus Altos dos Xenerais.
Os estudantes de primeiro, segundo e terceiro de Portugués recollen eses versos en ·libros de cordel, que son exemplares sen encadernar que antano se colgaban de cordeis para seren vendidos e que recollían historias que moitas veces se herdaban da oralidade. Esta literatura de cordel naceu na Península Ibérica no século XV e despois extendeuse ás colonias de España e de Portugal. En Brasil continúa a ter un profundo interese, por iso o Marco do Camballón vai enviarlle exemplares ao instituto Rochael de Medeiros, en Recife. Os dous centros xa convocaran xuntos en 2024 o primeiro I Prêmio Internacional Livro de Cordel, e a vindeira semana está previsto que se abra a segunda edición deste certame orientado aos escolares.
Tanto o concurso como a edición de A Batalha de Ponte Ledesma forma parte do proxecto Livro de Cordel. Brasiliza, que teñen en marcha estes dous institutos. A batalla de Ponte Ledesma vai coñecerse ao outro lado do Atlántico, pero os 400 exemplares que edita o instituto cruceño tamén se van facer chegar ao CEIP Nosa Señora da Piedade e ao de Cerdeiriñas. E mañá estará presente no Encontro do Entroido de Xenerais da Ulla, no auditorio de Galicia e ao que acudirán estudantes dos centros de Cruces. Onte catro alumnos de Portugués (Ramson, de Colombia; Aima, de Marrocos; Evelyn, de Cuba, e Brais da parroquia de Carbia) afanábanse en rematar a edición.
O 6 de marzo xa houbera unha escaramuza nos montes de Ledesma, pero o día 9 o exército francés logrou cruzar o Ulla en barca á altura de Camanzo, xa que a ponte de Gres estaba ocupada polo exército civil galego. Cando o invasor galo estivo en terras cruceñas, a batalla trasladouse a Cira, xa en terras de Silleda, e conseguiuse que os franceses retrocesen. Iso si, no enfrontamento perderon a vida máis de 200 persoas.
- Un colegio de Vigo, entre los 100 mejores de España según la revista Forbes
- «La generación Z consume menos alcohol porque encontró una droga nueva: la tecnología»
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Borja Iglesias responde al seguidor del Deportivo que le pidió la camiseta que el Celta lució en el homenaje a Madonna
- La flota gallega inicia la campaña en Malvinas tras los buenos datos científicos del calamar: «Estamos volviendo a la normalidad»
- Una multinacional china invertirá 400 millones en la cuarta gigafactoría de baterías de España... a 600 kilómetros de Vigo