Ano cultural
A esencia de Virxinia Pereira nunha imaxe
O Concello da Estrada presenta a ilustración oficial, realizada pola artista Rosa de Cabanas

Lucía Seoane e Rosa de Cabanas, ante a figura de Virxinia Pereira.
O Concello da Estrada presentou onte a ilustración que servirá como imaxe do Ano Cultural Virxinia Pereira 2026, unha obra asinada pola artista estradense Rosa de Cabanas, que estivo acompañada pola edil de Cultura, Lucía Seoane. O debuxo, inspirado nunha fotografía de 1939, representará o conxunto de actividades culturais que se desenvolverán ao longo deste ano.
A artista agradeceu a confianza depositada unha vez máis no seu traballo e valorou especialmente que o ano cultural estea dedicado a unha muller como Virxinia. «Non é a primeira vez que me aproximo artisticamente á súa figura, xa que traballara sobre ela en proxectos anteriores, como o libro A vida incerta, de Montse Fajardo. Porén, nesta ocasión tratei de ir máis alá do retrato. Sentín que tiña que achegar algo máis que unha imaxe figurativa. Por iso recorrín a elementos máis simbólicos, como o libro, a flor que sostén, ou a cor azul», explicou Rosa. «Defendeu os mesmos valores galeguistas que o seu home, e a ela lle debemos que o legado artístico de Castelao chegase ata os nosos días», indicou a artista.
Comeza así «un ano cheo de actividades e sorpresas, para seguir profundando nunha figura clave da nosa vila», dixo Lucía Seoane, onde «o Concello volve apostar polo traballo e o talento de Rosa de Cabanas, para captar a esencia da muller que protagoniza este Ano Cultural 2026». n
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- El ataque de un perro Shar pei en Vigo suelto y sin bozal deriva en una indemnización de 13.400 euros
- Oportunidad de negocio por 85.000 euros: se vende albergue en el Camino de Santiago
- Siete empresas compiten con Vitrasa por el nuevo contrato del autobús en Vigo de 468 millones de euros: Alsa, Arriva o la lusa Barraqueiro