Entrevista | Miguel Dopazo Recamán Novo director da Banda Artística de Merza
«Motívame moito e dáme moita ilusión o cargo»
«Nestes últimos dez anos estáselles dando espazo ás mulleres para dirixir, que era o que tiña que ser»

Miguel Dopazo. / Merchi Gómez

Xusto antes de realizar esta entrevista, Miguel Dopazo Recamán (Marín, 1985) mantiña unha conversa co seu antecesor como director da Artística de Merza, Mateo Gómez Naval, para organizar a transición. O concerto de presentación será en Semana Santa.
—Impón estar á fronte da banda máis veterana de Galicia?
Bueno, a verdade é que a noticia foi unha agradable sorpresa, porque non o esperaba. Máis que impoñer, eu diría que me motiva moitísimo e que me dá moita ilusión. É unha gran responsabilidade porque a Artística é o buque insignia bandístico galego.Traballando moito e con todas as gañas do mundo, imos sacar todos xuntos un proxecto moi bonito.
—En 2028, esta formación cumprirá 200 anos. Xa ten en mente como van ser celebracións?
Ainda estou aterrizando e coñecendo a banda, porque me enterei da designación este domingo, pero xa teño algunha cousa na recámara. Estou seguro de que vai ser algo moi especial no aspecto musical pero sobre todo no humano.
—Ui, entón está claro que non lle impón nada este cargo (risas), se xa ten proxectos en mente.
Si que me impón, pero intento pensar que tira máis a ilusióne a motivación que o respeto.
—Vostede comezou a estudar dirección con só 14 anos. Xa o tiña claro dende neno?
A min pasoume algo similar ao que lle ocorreu a David Fiúza con Marcel van Bree, salvando as distancias. Eu era clarinetista na Banda de Marín e o director, José Alfredo Sánchez Murcia, foi un batuta excepcional. A través del namoreime da dirección. Encantábame o seu proceso, a súa capacidade transformadora e o xesto de modular a música como se fose unha cerámica. Sánchez comezou a deixarme partituras de sinfonías de Brahms e de Mozart. Despois nomeume subdirector da banda. É certo que tiven periodos de pausas coa dirección, ao realizar de forma paralela estudios de clarinete.
—Sigue vinculado á Banda de Marín, pero botou anos fóra para completar a súa formación.
Si, fixen os estudios superiores en San Sebastián e despois botei nove anos entre Alemania e Inglaterra. Nese periodo si que estiven desligado da Banda de Marín, pero volvía cando podía, para os festivais de verán, pero agora ao vivir en Pontevedra éme moito máis doado. En Frankfurt facía sustitucións como clarinetista na Orquestra da Ópera, e en Inglaterra estiven na Royal Liverpool Philharmonic no periodo de proba, e tamén en Cardiff. Pero no 2021 convocaron oposicións aquí en Galicia e dende entón son docente no conservatorio Manuel Quiroga, de Pontevedra.
—E como fai para conciliar a docencia, o clarinete, amúsica e a vida familiar?
Teño a sorte de ter unha muller marabillosa (Celia Olivares), que tamén é música e que me axuda e me guía. É certo que con esta nova etapa na Artística estamos reestructurando todo un pouco.
"Quero mencionar a Claudia Carballo, de Silleda, que acaba de gañar un concurso para a Banda Municipal de Bilbao"
—Vai ser director nunha comarca nas que as bandas teñen as súas propias escolas. En xeral hai interese das novas xeracións pola música clásica?
Si que o hai, pero temos que daicilitar todos que os rapaces teñan un acceso fácil tanto a nivel audiovisual como potenciando as asignaturas en materia de música.
—Mencionou antes a súa esposa, tamén música. Cre que aínda é moi puntual a presenza de mulleres directoras de banda?
Teríamos que falar de cántas posibilidades tiveron na historia as mulleres para dirixir bandas ou para compoñer Podo citarche a Alma Mahler, a muller de Gustav Mahler, ou Clara Schumann, a muller de Robert Schumann. As dúas foron auténticas xenias da composición e musicazas que non puideron desenvolverse como compositoras polo estereotipo social. Segundo unha biografía a instrumentación da cuarta sinfonía de Mahler, a partir da metade do primeiro movemento é da súa muller. Nestes últimos dez anos estase dando espazo ás mulleres para dirixir, que era o que tiña que ser. Quero mencionar a Claudia Carballo, de Silleda, que acaba de gañar un concurso para a Banda Municipal de Bilbao. Gañou os tres concursos nos que se presentou, e as outras finalistas eran mulleres.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- La flota gallega inicia la campaña en Malvinas tras los buenos datos científicos del calamar: «Estamos volviendo a la normalidad»
- El nuevo centro de salud Olimpia Valencia de Vigo abre sus puertas a medio gas: «No sabemos cuándo podremos pedir cita»
- El Celta pierde a Miguel Román por lesión para lo que resta de temporada
- Carvajal sale en defensa de sus aplausos a Iago Aspas: «Ese gesto significa respeto a una leyenda de nuestra liga»
- Louzán admite que Vigo «está a las puertas» de ser sede del Mundial, pero omite la reforma de Tribuna
- Final feliz a cuatro días en altura
- El Gobierno gallego aprueba el nuevo decreto de FP que incluye a profesionales en activo y prejubilados como docentes