A última fornada de Carmen e Avelino logo de 75 anos
Despois de fundarse no ano 36 na parroquia estradense de Ribela, e máis de sete décadas desde que se mudou a Forcarei, a Panadería Rivela pechou as súas portas o pasado 31 de decembro. Os propietarios do local da rúa Progreso retíranse deixando un gran baleiro no corazón e nas mesas dos seus veciños.

Carmen Fernández e Avelino Rodríguez, trala barra da súa panadería en Forcarei. / Bernabé/Javier Lalín
O forno está apagado, o mostrador baleiro e a porta pechada por primeira vez en décadas. Despois de 75 anos espertando á vila co recendo do pan que se acababa de facer, os fornos da Panadería Ribela de Forcarei apagáronse o pasado 31 de decembro. Á fronte, dous loitadores, Carmen Fernández, de 80 anos, e Avelino Rodríguez, de 79. Un matrimonio que non entende de domingos libres, pero si de amor polo oficio.
A historia deste negocio comezou no ano 1936 na parroquia estradense de Ribela, e acompañou xeracións enteiras de veciños ao longo de noventa anos. Mudáronse a Forcarei nos anos 50, e alí quedaron ata hoxe, onde fai menos de dúas semanas amasaban as súas últimas barras.
«A panadería púxoa meu pai no ano 1936, en Ribela, por iso sempre levou ese nome», lembra Carmen, que naceu naquela parroquia da Estrada. Mudouse a Forcarei cos seus pais cando apenas tiña oito ou nove anos, e foi entón cando, case sen decatarse, comezou tamén a súa vida laboral. «No tempo que non ía á escola, poñíanme aquí nun banquiño para chegar ao mostrador para despachar, e eu despachaba sen ningún problema», conta con naturalidade, como quen relata algo que sempre formou parte do seu día a día. É o que pasa cando o levas facendo nos últimos 70 anos.
Desde aquela infancia entre sacos de fariña e barras de pan, non deixou nunca o mostrador. «Despachei toda a miña vida, ata o último día, ata este último fin de ano», afirma. Mesmo nos últimos tempos, cando xa contaban con varias repartidoras e outra traballadora, ela seguía presente. «Tiña unha señora aquí que viña dúas ou tres horas, pero eu sempre estiven aquí, sempre», asegura.
Un pan con estilo persoal
A entrada do seu marido, Avelino Rodríguez no negocio, hai máis de medio século, consolidou unha forma de traballar que hoxe en día vese cada vez menos. Xuntos decidiron que o pan da Panadería Ribela tiña que ser feito de maneiramoi completamente artesán e cos mellores ingredientes. «Nestes 51 anos que leva o meu home casado comigo, non volvemos ter un domingo libre, nin festivos, só pechábamos o 25 e o primeiro de ano, claro», confesa Carmen. A razón era a súa autoesixencia: «O meu home é moi seu, e non quería que ninguén amasara aquí; só o facíamos ou el ou eu. En cincuenta anos, non amasou nunca ninguén máis».
Esta dedicación por un produto de calidade cun horario tan esixente non foi problema para Avelino e Carmen, que recoñece que, nos últimos anos, a estrutura do negocio non cambiou moito de cando o comezara o seu pai. O único foi a contratación dun equipo de catro empregados, onde chegaron a contar con tres rutas de reparto e ata cinco coches, un esforzo que acabou pesando cos anos. «Nós tiñamos moita venta, e tiñamos moitísimo reparto, e aínda podíamos ter moita máis se puideramos facelo. Pero xa era moito para a nosa idade», admite.
Peche «forzoso»
O peche da panadería non foi unha decisión tomada dun día para outro, pero acabou precipitada pola marcha dun par de traballadoras clave e pola fatiga acumulada. «A rapaza que estaba de noite atopou unha oportunidade moi boa en Soutelo e outra repartidora tamén tiña que coidar xente na súa casa. Entón aproveitei e dixen: ‘eu xa non busco máis xente. Pechamos para fin de ano’», relata Carmen. As súas fillas tamén levaban tempo pedíndolles que parasen. «A verdade é que xa levamos moitos anos, e isto xa era demasiado. Foi duro para Avelino, por el seguía un par de anos máis», recoñece.
O último día foi tan emotivo como doloroso. «Chorando, chorando todo o mundo», resume Fernández. Veciños e clientes achegáronse á panadería para despedirse, e non era doado conter as bágoas: «Viñan aquí, e choraban, e nós tamén. Moitas persoas non mercaron pan noutro sitio en toda a súa vida». A despedida continuou esa mesma noite no restaurante París de Forcarei, onde despediron o ano máis de duascentas persoas. «Todo o mundo levantouse, abrazándonos, aplaudindo… se me acordo diso xa volvo chorar…», relata emocionada.
A Panadería Rivela non era só un negocio, era un punto de encontro. «Os domingos había cola na rúa, cun montón de coches aparcados. Agora xa non hai nada diso», lamenta Carmen, que cre que o peche afecta á vida do pobo. «A xente que viña polo pan ía ao bar, ás tendas… había ambiente. Con isto fixémoslle mal a Forcarei», relata, sabendo da importancia do local, que viuse que era moi querido polos veciños.
Suscríbete para seguir leyendo
- El tren de borrascas que barre Galicia se alarga: los meteorólogos no ven el final
- Corte de tráfico en el centro de Vigo por un hundimiento de calzada
- Los vigueses se despiden de los paraguas... por unas horas
- Bueu envía en menos de un mes más de 100 notificaciones para la limpieza de fincas forestales
- «De Vigo al mundo»: un día en la casa donde Bimba y Lola diseña su globalidad
- Los bomberos liberan en Vigo a una niña de cuatro años atrapada en el baño: «Estaban más nerviosos los padres»
- La pesca local se apaga en Europa: el 86% del pescado y marisco que comen los europeos procede de terceros países
- El monte gallego ya no «bebe» más: el suelo forestal está a rebosar de agua