Armando Requeixo gaña o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro cun artigo sobre o escritor en FARO
O xurado distinguiu o seu traballo sobre o autor de Mondoñedo como gastrónomo, publicado en Faro da Cultura
O estudo «Masa e zaragallada», mellor obra académica

Armando Requeixo, en un acto del Club FARO. / Marta G. Brea

O xornalista, crítico literario e investigador Armando Requeixo Cuba foi o gañador do XXXII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro polo artigo O contemplador de estrelas. Álvaro Cunqueiro, gastrónomo, publicado no suplemento Faro da Cultura de FARO DE VIGO o 18 de decembro de 2025. O galardón, dotado con 4.000 euros, seralle entregado o 30 de xaneiro durante a Gala da Gastronomía de Galicia.
O xurado concedeu o galardón por unanimidade, destacando a alta calidade literaria do texto, así como a súa capacidade para afondar con rigor e sensibilidade na figura de Álvaro Cunqueiro, poñendo en valor a súa faceta como gastrónomo e a súa estreita relación coa identidade culinaria e cultural de Lalín.
O traballo propón un percorrido pola obra do autor mindoniense desde unha perspectiva xornalística e ensaística que combina divulgación, análise literaria e memoria gastronómica.
O premio está convocado polo Concello de Lalín, en colaboración coas asociacións gastronómicas galegas, e consolidouse ao longo das súas trinta e dúas edicións como unha das principais distincións do xornalismo gastronómico a nivel estatal.
Na mesma sesión, celebrada no Concello de Lalín, o xurado acordou conceder o Premio ao Mellor Traballo Académico, dotado con 1.000 euros, ao estudo Masa e Zaragallada, realizado por Antón López Eiroa, Javier Rodriguez González e Abraham Rodríguez Santamaría, polo seu destacado labor xornalístico, así como polo coidado tratamento gráfico e polo desenvolvemento da reportaxe multimedia.
O xurado do XXXII Premio Nacional Álvaro Cunqueiro estivo presidido por José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, e contou como vogais con Martín Fernández Vizoso, directivo da Asociación de Periodistas de Galicia; os xornalistas Alberto Barciela Castro e Xosé Ramón Pousa Estévez; Belén Xestal Ares, comunicadora; María José Imia Vázquez, representante de Turismo de Galicia; Alba Silva Rodríguez, vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; e Begoña Blanco Blanco, concelleira de Turismo de Lalín. A secretaría do xurado correu a cargo de Inmaculada Vilariño Vázquez, do gabinete de comunicación do Concello de Lalín.
Un dos críticos literarios galegos más recoñecidos
Armando Requeixo, doutor en Filoloxía, é un dos críticos literarios galegos máis recoñecidos da actualidade. Desenvolveu unha ampla traxectoria como investigador, ensaísta e divulgador cultural, con especial atención á literatura galega contemporánea e, moi particularmente, á obra de Álvaro Cunqueiro, sobre a que publicou numerosos estudos e artigos ao longo da súa carreira.
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- El Sergas realiza una visita de inspección a dermatología de Povisa y analiza si tomará medidas
- Pesqueros con la licencia retirada por pesca ilegal o con historial de muertos a bordo también pueden vender en la UE
- Condenados en Ourense por las faltas a clase de su hijo durante cuatro cursos
- Se busca profesor: los colegios de Vigo «ofertan» casi 200 vacantes
- Baja la verja de una tienda del centro comercial Gran Vía de Vigo ante la sorpresa de clientes... y de los propios empleados
- Una carga de pescado congelado volcada sobre la carretera en Vilagarcía
- Las cofradías gallegas tildan de «disparatada» la propuesta del Gobierno de prohibir la pesca de anguila