Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Cándido Pazó Director de teatro

«Neira Vilas e 'Memorias dun neno labrego' son un clásico deste país»

«O humor é como unha salsa, que non alimenta, pero que lle da sabora todo o que rodea»

Cándido Pazó nos ensaios da obra.

Cándido Pazó nos ensaios da obra. / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vila de Cruces

O xoves abriu a súa actividade deste 2026 o Centro Dramático Galego coa estrea no Salón Teatro de Santiago do espectáculo «Memorias dun neno labrego», nova versión teatral da famosa novela de Xosé Neira Vilas producida coa compañía Contraproducións baixo a dirección escénica do vigués Cándido Pazó.

—Moitos nervios?

Non, porque todo está en principio controlado, o cal non quere dicir que despois as cousas se poidan descontrolar, pero non debería ser así porque normalmente o público o que engade é entusiasmo e enerxía. Así que todo debería saír ben. Hai os nervios que ten que haber porque do contrario sería casi, casi un desprezo. Son nervios bonitos, dos que te lanzan.

—Como influíu o legado de Neira Vilas na decisión de inaugurar o ano teatral con esta gran peza?

E que este ano é o décimo aniversario da morte de Neira Vilas. Entón, xustamente, había que buscar unha ocasión –podería ser outra– e finalmente foi esta. Pensouse que era unha boa forma de porse en marcha con esta efeméride e ao mesmo tempo coa posibilidade bastante probable de que lle concedan a Neira Vilas o Día das Letras Galegas, co cal xa o espectáculo estará avanzado porque continuará representándose durante dous ou tres anos. Estará avanzado, estará maduro e por tanto non nos pasará como outras veces que hai eventos así potentes que nos collen un pouquiño fora de xogo. Este ano penso que imos con tempo para estar en plena forma cando chegue ese día.

—Como equilibra esta versión a esencia da novela do autor de Gres cunha posta de escena contemporánea que chame a atención de novos públicos?

Básicamente sendo dinámica, imposta, tendo elemenos de gancho emocional e sobre todo tendo en conta como funcionan as emocións hoxe en día porque aínda que teñas que apelar á memoria –que é o máis importante– e aínda que todos teñamos esa memoria ben directamente ou ben como heredeiros, a pesar diso si que hai que meter elementos na peza que enganchen ao espectador máis absolutamente actual, de todas as edades e de todas as condicións. Estivemos atentos a iso. Eu teño fe en que se lograse e penso que o espectáculo quedou ameno. O espectáculo é moi directo, é unha interpelación ao público, así que teño confianza en que iso se produza e efectivamente o que ti apuntas é un dos obxectivos que un ten cando pon en escena un clásico, porque Neira Vilas Vilas e Memorias dun neno labrego o son deste país.

—Que retos supuxo trasladar a voz íntima e en primeira persoa de Balbino a un espazo de memoria colectiva no escenario?

Supuxo por unha parte poñer a Balbino a dialogar coa memoria do seu pai xa fallecido e a partir de aí imos coñecendo a súa memoria. E despois hai como unha serie de personaxes que o rodean, chamémoslle un coro para entendernos, que en grande medida coñecen esa memoria. Porque a estas alturas esa memoria xa é unha memoria colectiva en si. Hai tantísima xente polo país adiante que sabe como comeza o libro que certamente o que eu fixen é que eses elementos, ese coro, eses personaxes poñan enriba do palco dunha maneira viva anacos da memoría de Balbino que en realidade son anacos da memoria de cada un de nós pero cos cambios de cada quen.

—Que papel xogan o humor e a emoción neste deseño para conectar coa Galicia dos anos 40?

Realmente para min o humor é básico porque o humor é como unha salsa que en si non alimenta pero que lle da sabor a todo o que rodea. Xa na versión que eu fixera moi persoal, de monólogo, hai 15 anos xa o humor era moi importante e nesta tamén penso que é un elemento de engache. Fíxate, isto relaciona coa pregunta que me fixeches antes. Un dos elementos de xustmente captar un público actual é desde logo o humor. Un humor acaído, un humor que está totalmente xustificado polo que estás a contar. E despois, evidentemente, por enriba de todo, a emoción da propia memoria e que moitas veces engancha con emocións absolutamente actuais que incluso non corresponden coas dos anos 40. Por exemplo, cando morre o can de Balbino, e iso hoxe en día vívese como unha traxedia.

—Segue a iniciativa do Bus do Teatro que achega a colectivos que moitas veces non teñen ocasión de ir ao teatro, que lle parece esta proposta?

É unha iniciativa bonita porque se Mahoma non pode ir á montaña, vai a montaña a Mahoma. Os espectáculos que neste caso se montan no Centro Dramático Galego ou na compañía Contraproduccións –porque isto é unha coproducción entre estes entes– son grandes e poden ir ás cabeceiras de comarca pero despois hai moitos sitios que ao mellor non teñen un teatro, non se pode ir a todos, non hai orzamentos e moitos condicionantes que poden facer que o espectáculo non viaxe a ese lugar onde está ese espectador ou esa espectadora. Entón é bonito que poida haber a outra opción, a de coller un autobús que se pon ademáis a un prezo moi asequible e que pagan en parte o Concello e o Centro Dramático Galego. Normalmente é como unha excursión cultural o de ir a Santiago. A xente vai ao teatro, que ademáis é cedo, e dan unha voltiña por Santigo. Sei por xente que ten vido que o toman como un día de festa teatral.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents