O recinto feiral da Estrada pecha o certame cun repunte de visitantes
A Feira de Coches Clásicos e Artesanía revirte a tendencia de anos anteriores

Numerosos visitantes no pavillón da Feira de Antigüidades.
REDACCIÓN
O recinto feiral da Estrada pechou onte o 12º Salón Motor Classic e a 71ª Feira de Antigüidades e Artesanía, dous certames que puxeron o colofón ao calendario feiral de 2025 cun balance moi positivo tanto en afluencia de público como de actividade comercial. Revirtese a tendencia dos últimos anos, acadando un repunte na afluencia de visitantes. Ao longo da xornada dominical, o recinto experimentou unha salientable presenza de visitantes, superando incluso os rexistros do sábado. As cifras globais reflicten un lixeiro incremento de asistentes con respecto á edición anterior, confirmando a boa saúde e a consolidación deste dobre certame na vila estradense.
Expositores, clubes, asociacións e particulares amosáronse satisfeitos coa resposta do público, especialmente na xornada que pechaba da mostra. O repunte de visitantes dos eventos que se celebraron no recinto da Estrada incideu directamente na dinamización da economía local, beneficiando especialmente aos sectores da hostalería, do comercio e do turismo.
A mostra de Antigüidades e o Salón Motor Classic volveron a amosar un especial tirón na área de influencia comarcal, favorecidos polo auxe do turismo rural e polo crecente interese polo mundo do motor clásico e histórico.
O responsable do recinto feiral, Manuel Magariños, realizou unha valoración moi positiva do certame, sinalando que «esta edición superou as expectativas iniciais e supón un excelente peche do calendario feiral 2025». Magariños destacou que «rematar o ano cun evento desta calidade e cunha resposta tan positiva por parte do público e dos expositores é unha auténtica inxección de moral para comezar a preparar o calendario de feiras de 2026 con ilusión, ambición e gana de medrar».
- Una mujer se queda encerrada en una discoteca de Vigo y los bomberos tienen que intervenir para liberarla
- Una piscina natural hacia la ría de Vigo coronará la regeneración de la playa de A Punta en Teis
- El Concello de Vigo renovará uno de los aparcamientos más utilizados en Balaídos
- Arrancan en febrero las obras para devolver a la vida un centenario edificio de la calle Progreso
- El despido de una trabajadora con la que se casó dos meses después termina en sanción por fraude
- Un accidente entre un camión de mercancías peligrosas y un turismo deja dos heridos y dificulta la circulación en la AP-9
- Alberto y Fina: «En 42 años pasaron por cafetería Alameda, desde Beiras a Bárbara Rey»
- Marruecos abre sus aguas a la flota rusa para pescar la sardina que veta a la conserva gallega