O BNG impulsa ‘Mellor local, mellor galego’ a prol do comercio das comarcas

Ariadna Fernández e Xoán Blanco, co cartel da campaña.
REDACCIÓN
O BNG presenta a campaña ‘Mellor local, mellor galego. Aposta polo noso, sairás gañando’, coa que chama a apoiar o pequeno comercio de proximidade, as feiras e mercados tradicionais e o consumo de produtos galegos, así como a etiquetaxe en galego e a defensa das persoas autónomas.
A iniciativa desenvolverase nos vindeiros días en todas as vilas de Deza e Tabeirós con reparto de dípticos e cartaces na rúa e nos establecementos. Na presentación participaron o responsable comarcal, Xoán Blanco, e a deputada autonómica Ariadna Fernández, quen reclamou que a Xunta faga do consumo de produto galego «unha prioridade» nas súas políticas.
A campaña céntrase, por unha banda, en sensibilizar para mercar no comercio local, «contribuíndo ao desenvolvemento das vilas e mantendo vida nas rúas», indica Blanco. Por outra, impulsa a produción alternativa e ecolóxica, con marca de calidade, identificación da orixe e prezos xustos, como vía para dinamizar o rural.
Ademais, o Bloque presenta un decálogo de propostas no que inclúe unha nova lei do comercio que regule horarios e rebaixas e protexa a proximidade, medidas para frear as grandes superficies, promover produto galego en comedores públicos e revitalizar os mercados de abasto. Tamén pide reforzar os dereitos das persoas autónomas con cotizacións xustas, formación e axudas.
- Medio millón de adultos están llamados a colaborar con la ciencia este fin de semana en el hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
- Marruecos abre sus aguas a la flota rusa para pescar la sardina que veta a la conserva gallega
- El centro de la tercera edad que financió Amancio Ortega ya cubre sus 120 plazas
- El chalé de O Castro que fue sede del Celta, vendido a una empresa extranjera
- Mingueza, rumbo a la Juventus: acuerdo cerrado para después del 30 de junio
- Llega a Vigo un buque mercante con un espectacular corrimiento de carga causado por el fuerte oleaje
- El dispositivo de la gallega UARX Space, único superviviente de un fallido lanzamiento en India
- Hasta 30.000 euros por vivienda: la Xunta subvenciona obras de rehabilitación en el rural gallego