Aprender toponimia ás portas da aula
O CEIP de Agolada ten en marcha o proxecto «Vai de parroquias», no que inclúe un club de lectura pero tamén unha sinaléctica aumentada das aulas. Ademais dun pictograma, cada espazo educativo, a cociña ou a biblioteca locen o nome dunha das 24 feligresías do municipio.

A cociña foi bautizada como Berredo, a parroquia de Martín Vázquez. / Bernabé/Javier Lalín

A mediados de 2021, a Xunta presentou o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, un concepto que entende que dentro de calquera centro educativo, todos os espazos serven para aprender e para ser inclusivos co alumnado. Por iso o CEIP de Agolada estreou neste curso unha sinaléctica aumentada de cada aula e doutros servizos como a biblioteca ou a cociña. A comunidade educativa puxo en marcha o proxecto «Vai de parroquias», no que contempla un club de lectura para persoas adultas e tamén unha exposición, na citada biblioteca, cun mapa de todas as feligresías e fotos antigas de cada unha delas.

Exposición de fotos antigas das feligresías na biblioteca. / Bernabé/Javier Lalín
Así, os nenos e nenas aprenden do seu pasado dunha maneira lúdica. Pero a iniciativa estrela é outra: cada aula foi bautizada co nome dunha parroquia, e por un motivo. A de música leva o nome da de Brántega, porque aquí estivo activa unha banda entre os anos 1864 e 1956, e que despois acabaría integrándose na Banda de Música Municipal de Agolada. A cociña é agora Berredo, porque alí naceu o cociñeiro, Martín Vázquez Carril, e a clase de pedagoxía terapéutica coñécese como Santa Comba porque é a parroquia do docente desta especialidade, Santiago Castro Fernández.

A aula de pedagoxía terapéutica leva o nome de Santa Comba, onde naceu o docente Santiago Castro. / Bernabé/Javier Lalín
Agolada tén 24 feligresías, pero o CEIP conta con bastantes máis espazos, de aí que quedaran sen ‘bautizar’ zonas como a de audición e linguaxe ou os almacéns. O director do CEIP, Yago Gómez, explica que o cartel que loce cada aula leva unha sinaléctica aumentativa (ademais do nome da parroquia, tamén en linguaxe braille), con pictogramas que permiten ao alumnado con trastorno do espectro autista ou con déficit de atención e hiperactividade identificar dunha maneira máis fácil as actividades que van desempeñar. A intención inicial era botar man dun pictograma que fixese referencia á feligresía en cuestión, pero isto podía levar á confusión.

Placa da aula de artes plásticas. / Bernabé/Javier Lalín
Roteiro literario
«Vai de parroquias» ten previsto realizar actividades fóra das instalacións do colexio, como unha plantación de árbores autóctonas no Sexo, onde un lume queimou máis de 400 hectáreas en agosto. Os gromos destas árbores xa están medrando, e serán trasladados á súa terra definitiva en marzo.
Haberá, tamén, un roteiro literario que vai coordinar Manuel Busto e que permitirá afondar na orixe dos nomes das aldeas de Agolada. Manuel Busto foi un dos impulsores do colectivo Amigos dos Pendellos de Agolada, hai máis de 20 anos. O colectivo loitou pola recuperación deste enclave que na actualidade alberga dúas feiras de artesanía e a Noite das Candeas.

A aula de música fai referencia á Banda de Carmoega. / Bernabé/Javier Lalín
A nova arquitectura pedagóxica xa ten un exemplo no CEIP de Agolada, pero podemos lembrar outros, como o novo espazo de lectura do IES Pintor Colmeiro, unha estrutura xeodésica ao aire libre que leva o nome da bibliotecaria Luisa Cuesta, unha das primeiras profesoras universitarias en España.
Suscríbete para seguir leyendo
- El despido de una trabajadora con la que se casó dos meses después termina en sanción por fraude
- Asistentes al concierto de Pablo López en Vigo presentan una reclamación: «Hubo quien tuvo que estar de pie solo para verle la cabeza»
- Una piscina natural hacia la ría de Vigo coronará la regeneración de la playa de A Punta en Teis
- Una mujer se queda encerrada en una discoteca de Vigo y los bomberos tienen que intervenir para liberarla
- Fontaneros y electricistas de Vigo, incapaces de asumir nuevos encargos
- El Concello de Vigo renovará uno de los aparcamientos más utilizados en Balaídos
- Arrancan en febrero las obras para devolver a la vida un centenario edificio de la calle Progreso
- Un accidente entre un camión de mercancías peligrosas y un turismo deja dos heridos y dificulta la circulación en la AP-9