Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Versos de Avelina Valladares nas bolsas das librarías locais

O Concello entrega 250 a cada negocio para que as empreguen durante a campaña de Nadal

Lucía Seoane cos representantes das librarías, onte.

Lucía Seoane cos representantes das librarías, onte.

REDACCIÓN

A Estrada

O Concello da Estrada entregou onte ás librarías locais as bolsas conmemorativas do Ano Cultural Avelina Valladares, co propósito de que poidan empregalas durante esta campaña de Nadal.

As bolsas foron deseñadas pola ilustradora Rosa de Cabanas. Existen tres modelos diferentes, cada un coa súa propia combinación de ilustración e verso extraído da obra poética de Avelina Valladares. Concretamente, os escollidos pertencen a tres dos seus poemas en galego: A Ulla, Miña xoia e A pobre orfiña.

A concelleira de Cultura, Lucía Seoane, fixo a entrega a representantes de Marxe, Faro, Lolimay, Pintaletras e Durán e explicoulles que cada unha das librarías percibirá 250 bolsas. Nelas poderán entregar aos clientes aqueles libros que merquen nos vindeiros días, dentro da importante campaña comercial de Nadal, de xeito que se estenda o coñecemento de Avelina Valladares Núñez a través da súa propia palabra e cun xesto tan acaido como o de envolver un libro como agasallo nestas datas.

Tracking Pixel Contents